O grupo de goberno municipal levará ao próximo pleno unha iniciativa para comezar o expediente de solicitude da declaración da Festa do Pulpo do Carballiño como Festa de Interese Turístico Internacional. Precisamente, un dos requisitos que se esixen para que se leve a cabo esta declaración é a aprobación da proposta en sesión plenaria. Por isto, presentarase unha moción, que se consensuará con todos os grupos políticos municipais, de xeito que poida ser aprobada por unanimidade.
A Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia colabora estreitamente co concello no cometido de lograr este recoñecemento internacional que concede a Secretaría Xeral de Turismo do Ministerio de Industria en virtude do cumprimento de diversos requisitos, polo que o concello expresa unha vez máis o agradecemento ás autoridades autonómicas, en especial á directora xeral de Turismo, Nava Castro, e ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. Esta colaboración é imprescindible non só para lograr o informe favorable da comunidade autónoma, senón que resulta esencial para acadar algunhas das esixencias que se piden como é a publicación de noticias e reportaxes alusivos á festa nos medios de comunicación extranxeiros.
A declaración de Festa de Interese Turístico Internacional é unha distinción honorífica que se concede a determinadas festas que supoñan manifestacións culturais e de tradición popular, con especial consideración ás súas características etnolóxicas e que teñan unha especial importancia como atractivo turístico.
Dentro dos requisitos esixidos polo Ministerio para a concesión desta distinción atópanse os seguintes:
- Antigüidade da celebración e continuidade no tiempo.
- Arraigo popular e participación cidadá, especialmente valorase a existencia de asociacións que a respalden.
- Orixinalidade, diversidade, que sexa relevante en canto á promoción turística de España no exterior.
- Repercusión en medios de comunicación internacionais, ao menos dez actuacións nun ou varios medios extranxeiros.
- Poseer a declaración de Interese Turístico Nacional desde fai ao menos cinco anos.
- Que no seu desenvolvemento non se maltraten persoas nin animais e se coide o entorno urbano, monumental e paisaxístico.
- Existencia na localidade ou a menos de 50 km de aloxamentos e servizos turísticos adecuados.
- Acordo do Pleno do Concello e informe favorable da comunidade autónoma.
Non cabe dubida que a Festa do Pulpo do Carballiño cumpre estes requisitos e que neste intre agárdase o resultado da última visita de xornalistas extranxeiros para complementar as noticias en medios extanxeiros sobre esta festa cos que xa se conta na actualidade. Asemade, valórase moi positivamente o apoio amosado pola Xunta de Galicia, da que non hai dúbida que efectuará un informe favorable.