A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Sanidade, vai poñer en marcha, de novo, o programa de Reforzo Educativo durante as vacacións de verán.
Este programa vai dirixido a rapaces e rapazas de Educación Primaria do Carballiño que o precisen, e está ideado especialmente para suplir a ausencia de becas en período non lectivo para cubrir necesidades educativas de carácter especial durante as vacacións do verán, e dar un apoio educativo a aqueles rapaces que presentan dificultades nalgunha das competencias básicas.
O programa será impartido por unha mestra en educación especial, pertencente ao departamento de Servizos Sociais e Educación.
As familias interesadas en inscribir aos seus fillos neste programa, ou que precisen máis información, poden facelo dirixíndose ás dependencias de Servizos Sociais, sitas na rúa Faustino Santalices, número 10, baixo. Para máis información poden chamar ó número de teléfono 988 531076.
Para a selección dos participantes no Programa de Reforzo Educativo terase en conta, ademais dos criterios antes mencionados, pertencer a colectivos vulnerables, ou estar en risco de exclusión social.