• Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Concello do Carballiño
  • GalegoGalego
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contáctanos
  • Informe de privacidade
Concello do Carballiño
  • Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Home
Concello

O CONCELLO PROCEDERÁ AO ACONDICIONAMENTO E REFORMA DA PRAZA-MIRADOR DA PISCIFACTORÍA CUNHA SUBVENCIÓN DE TURISMO E DO FONDO SOCIAL EUROPEO

3 Xullo, 2017

O CONCELLO PROCEDERÁ AO ACONDICIONAMENTO E REFORMA DA PRAZA-MIRADOR DA PISCIFACTORÍA CUNHA SUBVENCIÓN DE TURISMO E DO FONDO SOCIAL EUROPEO

O concello do Carballiño procederá nas próximas semanas ao acondicionamento e reforma da praza-mirador da piscifactoría. Este espazo, situado ao final da avenida do Parque, fronte ao Instituto Chamoso Lamas, fora construido hai moitos anos pola primeira escola-taller do Carballiño, e o obxectivo é mellorar a accesibilidade así como a seguridade e a propia praza, o mobiliario e a varanda.

O orzamento desta reforma é duns 60.000 euros, que serán concedidos mediante unha subvención a entidades locais para o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos, cofinanciada co Fondo Social Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia. A concesión desta subvención foille comunicada á alcaldía a finais da semana pasada.

O proxecto consistirá na creación dun acceso empedrado con lousas de granito que facilitará o acceso autónomo das persoas con problemas de moblidade. Tamén se restaurará a varanda de madeira existente que rodea a zona do mirador, mellorando a seguridade. A praza central do mirador tamén irá enlousada con granito, e se modificarán os elementos ornamentais vexetais,  setos e arbustos. Trátase dunha ampla reforma que convertirá este espazo natural nun lugar agradable de lecer.

Dase ademáis a circunstancia de que esta praza-mirador atópase no final do paseo da Avenida do Parque e zona residencial, que é moi frecuentada por moitas persoas, sobre todo durante este tempo de verán.

O proxecto será adxudicado nestas próximas semanas, co obxectivo de que poida ser executado no menor tempo posible. Precisamente, esta mañá o alcalde, Francisco Fumega, e a concelleira da área económica, Rita Soto, desprazáronse ata o mirador para ver a limpeza que se levou a cabo no entorno, mentres non cometen as obras.

A iniciativa do proxecto partiu do alcalde, que considerou unha prioridade reformar este mirador natural sobre o río Arenteiro, que está enclavado nunha zona de gran relevancia turística, no camiño entre o parque municipal, a parte alta da piscifactoría e o conxunto formado polo parque etnográfico do Arenteiro, a Pena dos Namorados, a fábrica de papel da Lavandeira e o camping municipal.

O pasado ano, tamén mediante unha subvención semellante, procedeuse á construcción doutra praza-mirador sobre o sendeiro do río Arenteiro, na rúa Río Avia, a carón do Gran Balneario, co que con este tipo de proxectos estanse poñendo en valor os recursos turísticos do Carballiño.

Por todo isto, a alcaldía transmitiu o agradecemento á Secretaría Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, pola súa colaboración tanto neste proxecto como noutras iniciativas de promoción turistica do Carballiño.

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022 Concello
30 Abril, 2022

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022

Samaín do CIM Concello
29 Outubro, 2021

Samaín do CIM

Concello

Escola Municipal de Danza e Teatro

A Escola Municipal de Danza e de Teatro do Carballiño volve no mes de novembro O día 1 de novembro volve...
  • Comezo
  • O Concello
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos