• Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Concello do Carballiño
  • GalegoGalego
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contáctanos
  • Informe de privacidade
Concello do Carballiño
  • Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Home
Concello

O CONCELLO PROGRAMA UN TALLER LÚDICO-DIDÁCTICO, TEATRO, UNHA ANDAINA SOLIDARIA E UN ACTO INSTITUCIONAL PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

3 Marzo, 2017

O CONCELLO PROGRAMA UN TALLER LÚDICO-DIDÁCTICO, TEATRO, UNHA ANDAINA SOLIDARIA E UN ACTO INSTITUCIONAL PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

A concellería de Benestar Social, Igualdade e Saúde a través do Servizo de Información da Muller (CIM), ten programado unha serie de actos para conmemorar o Día Internacional da Muller, que se celebra o próximo 8 de marzo. Estas actividades terán lugar entre o 7 e o 26 de marzo, día no que se celebrará a VI Andaina Solidaria.

A concelleira de Igualdade, Marina Ortega, presentou en rolda de prensa este programa, que comeza o día 7 de marzo cunha novidoso taller lúdico-didáctico que, co eslogan de “Na procura da muller salvaxe”, vai dirixido ás mulleres que desexen afondar en sí mesmas para confrontarse coas capas que lles impón a sociedade patriarcal na que están inmersas e que as afastan daquilo que realmente son. Para participar nesta actividade, que terá lugar na Casa da Cultura, e que conta coa colaboración da concellería de Cultura, é preciso inscribirse no CIM, e o prazo remata o luns, 6 de marzo.

O mércores, 8 de marzo, desenvolverase o acto institucional co gallo do Día Internacional da Muller. Será ás 12 no salón de plenos do concello, coa participación do alumnado dos centros educativos, de Bo Día Familia, da escola infantil Trastes, Cruz Vermella, Aspadisi, Asdifica e asociacións de mulleres. Tamén se entregarán os premios do VI Concurso Fotográfico “Unha mirada de xénero: A muller e o liderato”, que nesta edición acadou unha gran participación. Así, hai unhas trinta e cinco fotografías a concurso, algunhas delas remitidas dende outras comunidades como Madrid, Canarias ou Castela-León, e incluso dende Arxentina. Finalmente, haberá unha actuación do dúo Canela Cafuné.

O sábado, 11 de marzo, terá lugar a representación teatral “30 E TANTOS ÓSOS”, de Aporía Escénica, coa interpretación das actrices Diana Mera, Teté García, Merche Pérez e María Roja.  Trátase dunha viaxe de catro mulleres de trinta e tantos anos que, cansas de vivir agochadas baixo carcasas prefabricadas, deciden trascender a pel e a carne a través da figura mítica da loba, para chegar aos seus ósos, onde se atopa o seu potencial máis vital e salvaxe. Esta representación terá lugar, en colaboración coa concellería de Cultura, no auditorio municipal, ás 20,30 h.

Finalmente, o domingo 26 de marzo terá lugar a VI Andaina Solidaria “O Carballiño camiña pola igualdade”, que partirá da Praza Maior ás 9 da mañá e fará un percorrido que se dará a coñecer nos próximos días. A inscrición é gratuita e pode realizarse ata o 23 de marzo no CIM (cim@carballino.gal ) ou no telef. 988 531076.  Nesta  edición o donativo será a beneficio de Cáritas e San Vicente Paul do Carballiño. A ruta conta co patrocinio do supermercado Eroski, que aporta bebidas e alimentos de avituallamento.

 

 

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022 Concello
30 Abril, 2022

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022

Samaín do CIM Concello
29 Outubro, 2021

Samaín do CIM

Concello

Escola Municipal de Danza e Teatro

A Escola Municipal de Danza e de Teatro do Carballiño volve no mes de novembro O día 1 de novembro volve...
  • Comezo
  • O Concello
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos