O Concello do Carballño pon en marcha unha consula aos establecementos comerciais, hostaleiros e de servizos, para coñecer o seu interese en participar nunha plataforma conxunta de venda online.
A través dun cuestionario, ao que se accede na páxina web https://docs.google.com/forms/d/1Y5dXcaR9UEGloWiUw8hL045sTg36OI1Zyi2-diJtX18/viewform?edit_requested=true, os establecementos deben respostar a un breve formulario co obxectivo de saber cantos establecementos amosan interese por promover as vendas a través desta plataforma, e cales son as súas preferencias no xeito de participar.
A consulta está aberta a todos os sectores comerciais, hostaleiros e de servizos, e realízase coa finalidade de perfilar as características desta plataforma, que se promove para que as empresas e establecementos do Carballiño poidan ter un instrumento conxunto para ofrecer os seus produtos e servizos a través de internet.
Esta iniciativa, na que colabora a empresa local Infoxiro, forma parte da serie de iniciativas promovidas desde o concello, en colaboración cos sectores comercial, hostaleiro e industrial, para dinamizar a economía local tras a desescalada por causa da pandemia polo Covid-19.