• Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Concello do Carballiño
  • GalegoGalego
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contáctanos
  • Informe de privacidade
Concello do Carballiño
  • Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Home
Concello

O CONCELLO RECABA INFORMACIÓN DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E DA DIRECCIÓN DA RESIDENCIA DO TEMPO LIBRE PARA MANTER ABERTA A INSTALACIÓN ESTE VERÁN

28 Maio, 2020

O CONCELLO RECABA INFORMACIÓN DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E DA DIRECCIÓN DA RESIDENCIA DO TEMPO LIBRE PARA MANTER ABERTA A INSTALACIÓN ESTE VERÁN

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, solicita información da Consellería de Política Social e da dirección da Residencia do Tempo Libre, co obxectivo de coñecer os plans con respecto ao funcionamento deste centro durante a tempada de verán. Por este motivo, solicita reunirse tanto coa conselleira como coa directora da instalación.

Desde o concello considérase que a Residencia do Tempo Libre é esencial para a tempada turística de verán no Carballiño, xa que ademáis dos varios centos de persoas e familias usuarias destas instalacións durante os meses de xullo, agosto e setembro, é unha fonte importante de postos de traballo, polo que é imprescindible mantela aberta este próximo verán.

Por outra parte, a Residencia do Tempo Libre é tamén un elemento dinamizador do comercio e da hostalería locais, que neste intre necesitan todo o apoio das institucións para poder saír adiante.

A situación creada polo Covid-19, que paralizou as inscricións para pasar as vacacións nesta residencia, introduce unha gran incertidume con respecto ao seu funcionamento durante o verán, e por iso o concello solicita algún tipo de iniciativa que contribúa á apertura da instalación durante o verán.

O concello considera que a Residencia do Tempo Libre pode ser un destino de vacacións seguro durante a terceira fase da desescalada, e que as instalacións poden cumprimentar todas as medidas requeridas para garantir o seu funcionamento sen que se corra ningún risco, incluso coa posibilidade de reforzar os servizos.

Neste senso, tamén se recorda que é moi importante promover iniciativas que ofrezan alternativas ás familias para as súas vacacións e dinamizar o turismo de interior, que é un xeito de reactivación económica ademáis de cumprir unha función social.

Por todo isto, desde a alcaldía crese que para O Carballiño sería de gran axuda que a Consellería de Política Social puidese atopar algún tipo de alternativa para que a Residencia do Tempo Libre estivese aberta no período de verán.

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022 Concello
30 Abril, 2022

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022

Samaín do CIM Concello
29 Outubro, 2021

Samaín do CIM

Concello

Escola Municipal de Danza e Teatro

A Escola Municipal de Danza e de Teatro do Carballiño volve no mes de novembro O día 1 de novembro volve...
  • Comezo
  • O Concello
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos