O concello convoca unha reunión cos veciños e usuarios das prazas de garaxe do barrio de Flores, coa finalidade de valorar o funcionamento do sistema de acceso de vehículos. A reunión terá lugar o xoves, 2 de novembro, ás 20,00 h., no salón de plenos do concellos.
Dende que se fixo peonil o conxunto de rúas do barrio de Flores obrigou a unha ordenación e regulamento do tráfico de vehículos; dunha parte, a necesidade de establecer sentidos únicos de circulación e doutro, limitar a entrada a residentes hacia os garaxes, operacións de reposición de mercadorías e o estacionamento na vía só para residentes ou, nalgúns casos, a familiares destes que obtiveran unha tarxeta de autorización.
Nesta reunión, á que asistirán os responsables municipais, analizarase a eficacia das medidas tomadas no seu momento, facer sugerencias e, se fose o caso, adoutar novos criterios de regulamento para o uso das rúas.