• Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Concello do Carballiño
  • GalegoGalego
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contáctanos
  • Informe de privacidade
Concello do Carballiño
  • Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Home
Concello

O CONCELLO REÚNESE CO SECTOR COMERCIAL, HOSTALEIRO E EMPRESARIAL PARA PERFILAR AS AXUDAS E A FOLLA DE RUTA A SEGUIR CO OBXECTIVO DE REACTIVAR A ECONOMÍA LOCAL

7 Maio, 2020

O CONCELLO REÚNESE CO SECTOR COMERCIAL, HOSTALEIRO E EMPRESARIAL PARA PERFILAR AS AXUDAS E A FOLLA DE RUTA A SEGUIR CO OBXECTIVO DE REACTIVAR A ECONOMÍA LOCAL

O grupo de goberno municipal mantivo hoxe dúas reunións con representantes do sector do comercio e da hostalería co obxectivo de perfilar as axudas e a folla de ruta a seguir de cara a colaborar na reactivación da economía local. Asimesmo, está previsto que se reúna mañá con representantes do sector empresarial do polígono industrial e do parque empresarial carballiñés.

A estas reunións asistiron o alcalde, Francisco Fumega; o teniente alcalde e concelleiro de Turismo e Promoción do Emprego, Manuel Dacal; a concelleira de Comercio, Silvia Baranda, e a concelleira de Medio Rural e Servizos Públicos, Rosa Fuentes.

Nas reunións, encamiñadas a manter unha estreita colaboración entre o tecido económico do Carballiño e o Concello, adoptáronse diversos acordos, entre eles, a posta a disposición dos comerciantes, hostaleiros e empresarios dun número de teléfono e un correo electrónico para informar de todos os pormenores e consultas relativas ás aperturas e normativa tras o descofinamento escalonado polo covid-19. Este número de teléfono e correo electrónico estarán atendidos polo departamento municipal de Orientación Laboral, con dúas orientadoras laboráis para a súa xestión.

Asemade, acordouse establecer os criterios para elaborar as bases das axudas municipais que se establezan para estes sectores, así como as necesidades máis apremiantes que teñen de cara á apertura e cumprimento da normativa, como poden ser equipos de protección, xeles, mascarillas, desinfección, etc, entre outras necesidades.

Para poñer en marcha este plan de choque de reactivación do tecido económico e empresarial local, o concello conta tamén coa colaboración desinteresada das empresas locais de marketing e promoción económica, Infoxiro e Intrend.

Á reunión do sector hostaleiro acudiron representantes de todas as modalidades do sector, como cafeterías, restaurantes, hoteis e pubs.

E á reunión do sector do comercio, que se celebrou a continuación,  acudiron representantes do Centro Comercial Aberto, así como do comercio non adscrito a esta asociación.

A reunión cos representantes do sector industrial do polígono e do parque empresarial celebrarase mañá pola mañá.

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022 Concello
30 Abril, 2022

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022

Samaín do CIM Concello
29 Outubro, 2021

Samaín do CIM

Concello

Escola Municipal de Danza e Teatro

A Escola Municipal de Danza e de Teatro do Carballiño volve no mes de novembro O día 1 de novembro volve...
  • Comezo
  • O Concello
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos