A novidade de introducir o envío online incrementa a participación no VI Concurso Fotográfico “Unha mirada de xénero: A muller e o liderato”, que organiza a área de Ingualdade do concello do Carballiño, en colaboración co Centro Comercial Aberto e a Asociación fotográfico O Potiños.
De feito, hai xa peticións de información dende outras provincias galegas e de fóra da comunidade para participar neste evento.
A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Sanidade, Marina Ortega, dixo durante o acto de presentación que o máis importante é conseguir unha gran difusión desta iniciativa, porque o que busca é reivindicar o papel da muller nos postos de alta dirección ou cargos públicos en igualdade de condicións que homes. A concelleira agradeceu a colaboración do Centro Comercial Aberto e da Asociación Fotográfica O Potiños, e fixo fincapé no motivo da convocatoria.
Xunto coa concelleira interviñeron o presidente do CCA, Julián Garriga, e Manuel Blanco, de O Potiños, que se referiron á importancia do tema plantexado nesta iniciativa.
Garriga sinalou que o CCA estaba sempre disposto a colaborar con este tipo de accións e que, ademáis, revertían no comercio local, pois o segundo e terceiro premio otórgase en vales de compra.
Pola súa parte, Manuel Blanco referiuse á inclusión da modalidade de envío online de fotgografías, que evitaba que se tivesen que imprimir, co aforro que isto supoñía. E tamén apuntou que era probable que para a próxima edición se cambiasen as bases para que pondera participar calquera no concurso, incluso profesionais.
Establécense tres premios cunha cuantía total de 600 euros. O primeiro premio recibirá 300 euros do concello, mentres que o segundo e terceiro premio recibirán dous vales de compra por valor de 200 e 100 euros, respectivamente, do Centro Comercial Aberto.
Asemade, seleccionaranse vinte fotografías que serán expostas nos locais comerciais da vila e no concello.
Entre os requisitos que se esixen para presentarse figuran que os traballos deben estar realizados por persoas afeccionadas á fotografía, descartándose profesionais e membros do xurado; as fotografías deben presentarse exclusivamente en formato dixital, ben en b/n ou cor, e non se admitirán montaxes; os traballos deben ser inéditos e non terse presentado nin seleccionado noutros concursos fotográficos; finalmente, cada participante poderá presentar un máximo de 3 fotografías.
As fotografías deben enviarse exclusivamente on-line (a través do correo electrónico cim@carballino.gal ), en arquitos JPG con resolución 2.400 pixels no seu lado maior (Non superando as cinco megas). Admítense fotos apaisadas e de formato cadrado. Non se admiten fotografías con marcas de auga, sinaturas, marcos, nin pés de foto.
A data límite para a presentación de fotografías será o martes, 28 de febreiro de 2017. E os premios entregaranse nun acto que se celebrará no concello, ás 12,00 h., do mércores 8 de marzo.