Esta semana teremos programación cinematográfica extra no Carballiño. En colaboración co Festival Internacional de Ourense (OUFF), proxectaremso dúas películas da súa programación no Auditorio Municipal Manuel María. O martes día 24, ás 20:00 horas, pasaremos a comedia mexicana Esa era Dania, da directora Dariela Deloya, que está encadrada na competicion oficial iberoamericana. O xoves 26 ás 22:00 horas proxectaremos Mi último fracaso, da arxentina Celia Kang, que compite na sección de óperas primas. A entrada a estas dúas proxeccións será gratuíta.
O venres 27 teremos as nosas sesións habituais ás 20:00 horas (versión dobrada ao castelán) e ás 22:30 horas (VOS). Neste caso proxectaremos Comanchería, de David Mackenzie, protagonizada por Chris Pine, Ben Foster e Jeff Bridges. Unha mistura de trhiller rural e western policíaco que sorprendeu a tempada pasada cunha unánime acollida por parte da crítica e do público.