O cambio de sistema do alumeado público por outro de luz led nas rúas Conde Vallellano e rúa de Ourense quedará completado o próximo martes. Estes días estanse reemplazando as últimas lámparas, e dende esa data todo o tramo de ambas rúas, dende o cruce da Alameda e Praza do Emigrante ata o límite do casco urbano co concello de Maside, contará con novo alumeado de luz led.
É un proxecto que se iniciou hai uns meses e que se realiza por fases, debido ao seu custo. Dende que se puxo en marcha esta iniciativa promovida pola alcaldía, implantouse este novo sistema de iluminación en catro rúas: Calviño, Galicia, Martínez Avellanosa e Conde Vallellano, e as seguintes fases contemplan a continuación pola Avenida Xullo Rodríguez Soto e outras rúas e avenidas. Asemade, prevese realizar o cambio de sistema no polígono industrial e parque empresarial da Uceira, que ten un número considerable de farolas.
O cambio de sistema a lámparas led no alumeado público supón un aforro aproximado dun 50% no gasto do consumo eléctrico, ademáis de elevar considerablemente a intensidade lumínica, mellorando polo tanto a seguridade vial e cidadá.