O xornalista carballiñés Xosé Manoel Rodríguez será o presentador do acto de entrega do Premio Antón Losada Diéguez, que se celebrará en Moldes o sábado 10 de xuño. Xosé Manoel Rodríguez exerce o seu labor profesional dende hai moitos anos no xornal La Voz de Galicia.
O acto comezará ás 11,00 h., cunha misa na igrexa de San Mamede, e a continuación haberá dúas ofrendas, unha a Antón Losada e outra a Manuel Chamoso Lamas. Ás 12,00 h., no pazo natal dos Losada, terá lugar o acto de entrega dos galardóns, que nesta trixésima segunda edición recaeron en Inma López Silva, coa novela “Aqueles días en que éramos malas”, e Xosé Ramón Pena, pola obra “Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936”. Nesta ocasión, as actuacións musicais correrán a cargo da Coral Polifónica do Casino do Carballiño e do Grupo da Escola de Gaitas do Carballiño.