• Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Concello do Carballiño
  • GalegoGalego
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contáctanos
  • Informe de privacidade
Concello do Carballiño
  • Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Home
Concello

OS PAVILLÓNS DO CARBALLIÑO, CEA E O IRIXO ACOLLERÁN ESTE DOMINGO A FASE DE ASCENSO AUTONÓMICA DE FÚTBOL SALA INFANTIL E CADETE

26 Maio, 2017

OS PAVILLÓNS DO CARBALLIÑO, CEA E O IRIXO ACOLLERÁN ESTE DOMINGO A FASE DE ASCENSO AUTONÓMICA DE FÚTBOL SALA INFANTIL E CADETE

Os pavillóns de deportes do Carballiño, Cea e O Irixo acollerán este domingo, 28 de mio, a fase de ascenso autonómica de fútbol sala nas categorías infantil e cadete masculino.

En categoría infantil, catro clubes representantes das catro provincias galegas: Club del Mar, campión da Coruña; María Auxiliadora, campión de Lugo; EDC. Celanova, campión de Ourense, e CIOS Vigo Pelucas, campión de Pontevedra, disputarán as semifinais no pavillón do Irixo, ás 11,00 e 12,15 h.

En categoría cadete, os clubes Troula F.S., campión da Coruña; Lumieira F.S., campión de Lugo; Seminario, campión de Ourense, e CIOS Vigo, campión de Pontevedra, disputarán as semifinais no pavillón de Cea, ás 11,00 e 12,15 h.

E xa pola tarde, ás 17,00 e 18,30 h., no pavillón Paco Chao do Carballiño terán lugar as finais cos equipos clasificados.

Debido a gran concentración de eventos deportivos durante esta fin de semana no Carballiño, que manteñen ocupadas as dúas canchas do pavillón Paco Chao durante todo o sábado e o domingo, as semifinales desta fase vanse disputar pola mañá nos pavillóns de deportes de Cea e O Irixo. Por iso, tanto o alcalde, Francisco Fumega, como o concelleiro de Deportes, José Manuel Dacal, agradeceron aos alcaldes e concelleiros de deportes de Cea e do Irixo a deferencia por albergar estes encontros.

O evento foi presentado este mediodía nun acto ao que tamén asistiron Antonio Colmenero, en representación da Federación de Fútbol Sala; Roberto Pires, presidente do Club F.S. Carballiño, e o concelleiro do Irixo, Víctor.

Fumega agradeceu o labor que realizan os clubs e escolas deportivas e que redunda non só en beneficio da infancia e a mocidade, senón tamén da afluencia de xente á vila, notándose sobre todo na hostalería. Así mesmo, agradeceu a colaboración da Federación, Deputación Provincial, Secretaría Xeral para o Deporte e aos concellos de Cea e O Irixo.

Dacal reiterou o mesmo agradecemento e fixo fincapé na posibilidade que se abría con esta colaboración de facer comarca e unirse para compartir eventos deportivos deste tipo con outros concellos. Ao respecto dixo que se non fose por Cea e O Irixo, esta competición non se podería celebrar.

Colmenero destacou o labor do club de Fútbol Sala do Carballiño e asegurou que era unha garantía para que a Federación trouxese este tipo de eventos á vila do Carballiño, xa que significaba un éxito seguro de organización.

O concelleiro do Irixo tamén amosou a súa satisfacción por colaborar e compartir este evento deportivo con Cea e O Carballiño.

Finalmente, Roberto Pires insistiu no agradecemento aos patrocinadores e animou a seguir loitando polo ben da mocidade do pobo.

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022 Concello
30 Abril, 2022

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022

Samaín do CIM Concello
29 Outubro, 2021

Samaín do CIM

Concello

Escola Municipal de Danza e Teatro

A Escola Municipal de Danza e de Teatro do Carballiño volve no mes de novembro O día 1 de novembro volve...
  • Comezo
  • O Concello
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos