• Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Concello do Carballiño
  • GalegoGalego
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contáctanos
  • Informe de privacidade
Concello do Carballiño
  • Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Home
O Concello

OS PORTAVOCES MUNICIPAIS CONFÍAN EN QUE O NOVO PLAN DE TRANSPORTE DA XUNTA ATENDA ÁS NECESIDADES DO CARBALLIÑO E DA COMARCA

21 Decembro, 2016

OS PORTAVOCES MUNICIPAIS CONFÍAN EN QUE O NOVO PLAN DE TRANSPORTE DA XUNTA ATENDA ÁS NECESIDADES DO CARBALLIÑO E DA COMARCA

Os portavoces municipais confían en que o novo plan de transporte da Xunta dea resposta ás necesidades do Carballiño e da comarca nesta materia. Así o manifestaron hoxe o alcalde, Francisco Fumega; o portavoz do PP, Argimiro Marnotes; o portavoz do BNG, Francisco Ferreiro, e o portavoz de Alternativa Veciñal, Bernardo García, durante unha rolda de prensa ofrecida no concello para dar conta do resultado da reunión que mantiveron a semana pasada coa conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, para analizar a situación do transporte público comarcal.

Francisco Fumega agradeceu a dispoñibilidade dos grupos municipais e as súas aportacións para a reunión, e aclarou que o obxectivo era integrar a comarca coa capitalidade, e esta con Ourense e, a ser posible, con Santiago. “Temos por diante unha serie de deberes que facer para o momento en que rematen as actuais concesións do transporte en Galicia, previtas para o próximo verán, e poder integrar ao Carballiño no novo plan; por iso imos a colaborar estreitamente coa consellería de Infraestruturas e Vivenda”, dixo o alcalde.

Argimiro Marnotes, pola súa parte, resaltou a satisfacción xeralizada polo resultado da reunión, en canto que a Xunta xa coñece a problemática do Carballiño en materia de transporte público. O portavoz do PP resaltou non só o interese sobre o transporte por estrada, senón tamén por incluir a ADIF, coa posibilidade dun uso intermodal da estación do ferrocarril. Tamén se referiu ao plan de transporte da comarca co Carballiño e do Carballiño con Ourense e incluso con Pontevedra e Santiago. “É o momento de que O Carballiño despegue”, dixo, “e para isto ábrese a posibilidade de poder elixir as paradas en Ourense (estación, Campus Universitario e residencia sanitaria).

Fracisco Ferreiro destacou o feito de que os portavoces participasen nesta iniciativa, que é o camiño a seguir, o mesmo que a colaboración institucional. Pese ás discrepancias lexítimas que poida haber por parte de cada grupo, o portavoz do BNG agradeceu a boa receptividade da conselleira e a posibilidade de que se poidan realizar obras de infraestrutura. “Se temos unhas boas comunicacións será moi positivo para a comarca, sobre todo, para os servizos”, dixo.

Bernardo García comezou amosando a súa esperanza de que no 2017 poida producirse un cambio neste sentido e que as promesas da conselleira poidan cumplirse, co obxectivo de que os veciños e veciñas teñan os medios de transporte que necesitan. Finalmente, o portavoz de Alternativa Veciñal destacou a posibilidade de poder liberar algúns edificios públicos para outros cometidos.

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

O 31 DE XANEIRO REMATA O PRAZO PARA PRESENTAR PUBLICACIÓNS Á XXXII EDICIÓN DO PREMIO ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ QUE SE FALLARÁ O 22 DE ABRIL Actualidade
11 Xaneiro, 2017

O 31 DE XANEIRO REMATA O PRAZO PARA PRESENTAR PUBLICACIÓNS Á XXXII EDICIÓN DO PREMIO ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ QUE SE FALLARÁ O 22 DE ABRIL

A DEPUTACIÓN PROVINCIAL COMEZOU AS OBRAS DE MELLORA DO VIAL QUE DA ACCESO AO NOVO BALNEARIO DE PARTOVIA, QUE ESTÁ PRÓXIMO A INAUGURARSE Actualidade
11 Xaneiro, 2017

A DEPUTACIÓN PROVINCIAL COMEZOU AS OBRAS DE MELLORA DO VIAL QUE DA ACCESO AO NOVO BALNEARIO DE PARTOVIA, QUE ESTÁ PRÓXIMO A INAUGURARSE

TRAS MOITOS ANOS OCULTO POLA TERRA E A MALEZA, COMEZOU  A CIRCULAR A AUGA POLA VELLA CANLE DA FÁBRICA DE PAPEL Actualidade
11 Xaneiro, 2017

TRAS MOITOS ANOS OCULTO POLA TERRA E A MALEZA, COMEZOU A CIRCULAR A AUGA POLA VELLA CANLE DA FÁBRICA DE PAPEL

  • Comezo
  • O Concello
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos