O presidente do Centro de Estudios Chamoso Lamas, Xosé Luis Sobrado, e o presidente do Centro de Estudios Carballiñeses, Avelino Muleiro, intervirán o próximo sábado, 11 de novembro, no acto de homenaxe a don Juan Corral Pajariño. Ambos presidentes realizarán unha breve glosa do homenaxeado antes do inicio do concerto da Banda Unión Musical de Valladares, previsto para as 16,30 h.
Previamente, a banda de música de Valladares ofrecerá un pasarrúas pola rúa do Paseo ata a praza da rua Juan Corral, onde terá lugar o acto e o concerto.
Este acto coincide con aniversario da colocación do monolito en memoria dos fundadores do colexio Isabel La Católica, no que estudiaron varias xeracións de carballiñeses.