“A empresa de fabricación de torres eólicas Gestamp, ubicada no parque empresarial do Carballiño, continuará desenvolvendo a súa actividade con total normalidade, sen que estea previsto a súa venda”. Así o manifestaron esta mañá o xerente da fábrica, Cándido González, e o director de recursos humanos, José Antonio Álvarez, durante unha reunión que mantiveron no concello co alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira, para desmentir a noticia da venda da sección eólica de Gestamp a unha compañía multinacional, según se publicou por diversos medios de comunicación recentemente.
Polo tanto, confirmaron a continuidade da pranta e a permanencia dos 350 traballadores que ten actualmente.
Na reunión, os responsables de Gestamp informaron ás autoridades municipais de que esta noticia debeuse a unha mala interpretación doutra noticia sobre a venda de parte dos parques eólicos da compañía, pero que non afectaba en absoluto ás prantas de fabricación dos aeroxeradores, como é o caso desta do Carballiño.
En realidade, a noticia orixinal do períódico económico Expansión informaba de que “La familia Riberas, principal accionista de Gestamp Automoción (GEST.MC), está negociando la venta de su negocio eólico por mercados o paquetes de activos y para ello ha contratado a Bank of America, en una operación que podría alcanzar un importe máximo de 2.000 millones de euros incluyendo deuda”. Sen embargo, obviouse que se refería aos parques eólicos e non ás prantas de producción.
A finais do pasado ano a filial eólica contaba con cerca de 1.000 megavatios instalados ou en construcción.
Tanto Francisco Fumega como Adolfo Nogueira agradeceron a información facilitada polos responsables de Gestamp e amosaron a súa satisfacción por comprobar de primeira man a continuidade da pranta, que supón unha das fontes de emprego máis importantes para O Carballiño e a comarca.
Nun primeiro momento, a noticia da venda do negocio eólico de Gestamp provocou unha certa inquedanza no concello, xa que podía afectar á factoría ubicada no Carballiño, e por iso as autoridades municipais pediron unha reunión cos responsables da pranta. Sen embargo, tras da reunión de hoxe volve a tranquilidade, pois a información transmitida polos responsables de Gestamp non deixa lugar a dúbidas sobre a súa continuidade. Neste senso, o xerente Cándido González amosou o seu convencemento de que a permanencia de pranta no parque empresarial carballiñés ía ser por moito tempo.