Pazo de Banga O pazo de Banga pertenceu aos Quiroga. Emilia Pardo Bazán residiu nel, logo de contraer matrimonio cun dos membros desta familia, e utilizouno como escenario da novela El Cisne de Vilamorta. A escritora chamáballe a este pazo «balcón do Ribeiro».