Accédese por un carreiro que segue o curso do Arenteiro ao termo da área recreativa e praia fluvial da Piscifactoría. Fórmano un conxunto de rocas graníticas de grandes dimensións, coroado por unha delas que se mantén pola súa base, tamén erosionada, a mercé da choiva e o vento. Os historiadores relacionan o lugar cun asentamento do período do Paleolítico, polos achados de restos atopados nas súas proximidades, e cren que a Pena dos Namorados puido ser considerado un monumento máxico-relixioso polos primeiros poboadores destas terras. Durante os labores de limpeza, rehabilitación e acondicionamento levadas a cabo en 1996 pola Escola Taller Terras do Arenteiro apareceron restos dunha antiga ermida.
É un dos recunchos máis pintorescos do Carballiño. A súa configuración e situación, a beiras do río Arenteiro, con abundancia de cantos rodados, confírenlle un certo encanto romántico, xerándose ao longo da historia un sen fin de lendas relacionadas con tesouros e amoríos