• Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Concello do Carballiño
  • GalegoGalego
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contáctanos
  • Informe de privacidade
Concello do Carballiño
  • Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Home
Concello

PRETO DE TRINTA LONGAMETRAXES, DOCUMENTAIS E CURTAMETRAXES SERÁN PROXECTADAS DURANTE AS XOCIVIGA 2017

29 Xullo, 2017

PRETO DE TRINTA LONGAMETRAXES, DOCUMENTAIS E CURTAMETRAXES SERÁN PROXECTADAS DURANTE AS XOCIVIGA 2017

As XOCIVIGA 2017 botarán a andar este domingo, cunha xornada prólogo dedicada ao centenario do nacemento do actor Fernando Rey, que terá como protagonista a proxección na Praza Maior do película El bosque animado, coa presencia do director José Luis Cuerda. Precisamente, Cuerda escibiu un texto sobre o actor nado na Coruña, que foi coprotagonista desta película, e que se inclúe no libro-programa das Xociviga, que foi presentado polo alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Cultura, Diego Fernández.

Trátase dun dos mellores libro-programa da historia das Xociviga, pois contén textos de catorce directores, críticos e escritores, así como amplos reportaxes de El bosque animado, película da que se cumpren corenta anos da súa realización; das dúas exposicións (Retratos documentados. José Luis Abalo e Carlos Casares e o Cine) e dúas publicacións (libro-catálogo Retratos documentados. José Luis Abalo, e Estrela e Eclipse de Mercedes Mariño, de Xosé Enrique Acuña); dos documentais, das longametraxes das sesión da noite e de cine infantil, das curtametraxes e das persoas galardoadas co XOCIVIGA DE HONRA e a INSIGNIA DE OURO.

Unha ampla e moi documentada información que lle otorga a este libro-programa o carácter de publicación de gran interese, e non só para cinéfilos, e que se distribuirá de xeito gratuito a partir de mañá.

A importancia destas XOCIVIGA 2017 ven dada pola calidade da programación, así como pola oferta complementaria de exposicións, publicacións e proxeccións ao aire libre, como El bosque animado e a película de animación Maimiño, que se proxectará a noite do xoves por xentileza da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Asemade, haberá un concerto de bandas sonoras a tarde dese xoves pola Banda Escola de Música da Limia.

De aí que entre outras autoridades, estas Xociviga contarán coa asistencia do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e do director de AGADIC, Jacobo Sutil.

Dende a organización das Xociviga quérese agradecer o patrocinio da consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, de AGADIC, e da Deputación Provincial, así como de Miguel Anxo Fernández, de Xosé Manoel Rodríguez, de Suso Obenza, de Xosé Enrique Acuña, de José Luis Abad, Miguel Grandío, da Fundación Carlos Casares e doutros colaboradores sen cuxa dedicación non sería posible organizar un festival de tanto interese e cunhas publicacións sobresaíntes que trascenden o ámbito local e provincial para pasar a formar parte da historia da fotografía e da crítica cinematográfica galega.

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022 Concello
30 Abril, 2022

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022

Samaín do CIM Concello
29 Outubro, 2021

Samaín do CIM

Concello

Escola Municipal de Danza e Teatro

A Escola Municipal de Danza e de Teatro do Carballiño volve no mes de novembro O día 1 de novembro volve...
  • Comezo
  • O Concello
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos