O proxecto de renovación da rede de abastecemento e construcción dunha beirarrúa de acceso ao balneario de As Caldas de Partovia prosigue a súa execución. Esta obra forma parte do Plan de Mellora de Infraestruturas e Instalacións Deportivas e Cuturáis, iniciado recentemente polo concello e que inclúe proxectos na zona rural e no casco urbano.
Precisamente, esta mañá o alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro Adolfo Nogueira achegáronse ata o lugar para comprobar a marcha dos traballos, que culminarán co asfaltado en quente das rúas nas que se renova o abastacemento e a de baixada ao balneario.
Esta obra conta cun orzamento de 60.000 euros, e realízase conxuntamente con outros proxectos na zona rural como son renovación da rede de abastecemento e asfaltado nas Outeiriño e Xesteira, en Señorín; Estrada de circunvalación do Campo da Festa en Veiga e acceso dende o Grupo Escolar a Partovia polo Penedo.