As obras de saneamento e asfaltado das rúas Coto de Mosteiro e Pico da Peniza, na zona dos Catro Camiños, están prácticamente rematadas. A empresa adxudicataria deste proxecto levou a cabo onte o asfaltado dos dous viais e xa só resta deixar descuberrtas as tapas dos rexistros dos servizos que van soterrados.
Esta reforma tivo un custo de 40.000 euros, que foi sufragada íntegramente polo concello do Carballiño dentro do plan de mellora das rúas do casco urbano que leva realizando dende o pasado ano e que continuarán durante este ano.
Así, estase á espera do pintado da rúa Ben Cho Sey para que se abra ao tráfico tras as obras de urbanización.