Seis entidades culturáis e artistas participarán este xoves, 20 de xullo, no Festival Solidario O Carballiño con Portugal, que se celebrará no auditorio municipal, ás 22,00 h., organizado polo colectivo creado recentemente con representantes do concello, das asociacións de veciños e entidades carballiñesas, e impulsado pola Federación de AAVV.
No festival intervirán a Escola de Gaitas do Carballiño, o mago LE GRAN MARTIN, o grupo de teatro CORROBELÁS, o dúo musical CANELA CAFUNÉ, a Coral do Casino e o humor de RISAPLUS.
A presentación do evento correrá a cargo da locutora Marta Neira.
O prezo da entrada solidaria é de 3 euros, que se destinarán aos damnificados polo incendio de Pedrógâo Grande en xuño pasado.