Sete clientas da Praza de Abastos resultaron gañadoras no sorteo celebrado este mediodía co gallo da campaña do Día da Nai. Ceas, vales de compra de 50 euros e unha caixa de viño Pazo Tizón eran os premios máis importantes. Pero tamén se sortearon 20 entradas para asistir a unha sesión do Cine Club Carballiño.
As gañadoras foron: Esperanza Otero, Cristina Rodríguez e Natalia, cunha cea para dúas persoas; Ángela Terceiro, Lucita Valeiras e Isaura Suárez, con vales de compra por valor de 50 euros; Julita, cunha caixa de viño Pazo Tizón. E vinte persoas máis recibirán unha entrada para o Cine Club Carballiño.
Eligio Rodríguez, presidente da Asociación da Praza de Abastos, diu a enhoraboa ás persoas afortunadas e destacou a elevada participación no sorteo (milleiros de papeletas), así como o incremento das ventas nesta campaña.
ANDA SOA
Así mesmo, anunciou que este sábado, 6 de maio, ía haber un concerto ás 12 do mediodía no interior da Praza de Abastos, a cargo do grupo Anda Soa.
Finalmente, Eligio Rodríguez agradeceu a colaboración do concello coa promoción e iniciativas da Praza de Abastos.
Ao acto tamén asistiron o presidente e a xerente do Centro Comercial Aberto, Julián Garriga e Noelia Mares, respectivamente, así como a representante da adega Pazo Tizón, Cristina Mouriño.