• Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Concello do Carballiño
  • GalegoGalego
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contáctanos
  • Informe de privacidade
Concello do Carballiño
  • Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios

Templo da Veracruz

É o segundo gran proxecto construído en Galicia polo arquitecto Antonio Palacios Ramilo de toda a serie de traballos de temática relixiosa. O primeiro fora o Templo Votivo do Mar de Panxón, en Nigrán, Pontevedra. O proxecto do Templo da Veracruz foille encargado no ano 1942, aproveitando unha viaxe do arquitecto a Ourense, por Evaristo Vaamonde, párroco da vila, e unha comisión  de veciños que consideraban insuficiente o templo parroquial e intentaban construír un novo.

O 26 de xuño de 1943 colócase a primeira pedra e en xullo do mesmo ano inícianse as obras baixo a tutela do mestre canteiro carballiñés  Adolfo Otero Landeiro, que interpreta perfectamente o sentido da obra. Tras a morte de Palacios, dous anos logo de presentar o proxecto, Otero Landeiro co asesoramento dos enxeñeiros Marcelino Enriquez e Roberto de Agostiña, leva adiante a construción, finalizando a rotonda en 1946. O aparellador Rafael Jorreto Calpe e outros interveñen na obra, asinando por esas datas, 1948, a liquidación dos traballos o arquitecto de Ourense Manuel Conde Fidalgo, colaborando na interpretación do resto do proxecto o enxeñeiro do Carballiño, Marcelino Parrondo, amigo de Palacios. En 1949 comezan as obras da torre, que se prolongarían, tras deterse e reiniciarse en 1956, ata xullo do ano seguinte, en que  concluirían. Coa torre a medio facer, o templo abriuse oficialmente ao culto o 17 de setembro de 1952, festividade de San Cibrán,  patrón da vila.

 

.  A finais desa década  iníciase a construción do arco parabólico cos Doce Apóstolos, obra do mestre canteiro do Carballiño, Xesús González.  Cando o templo quedou concluído nos seus elementos máis importantes -milagrosamente, se se teñen en conta a infinidade de dificultades financeiras que se houberon de superar-, en xullo de 1957, dos tres artífices orixinais, tan só D. Evaristo, o promotor, vivía para velo.  Luciano Evaristo Vaamonde dá Cortiña, o párroco do Carballiño dos últimos trinta anos, falece o 18 de abril de 1961, deixando como legado o templo xa concluído.

 

Construído na súa totalidade con materiais da comarca, en especial granito e lousa, o Templo da Veracruz representa a obra máis grandiosa e identificadora da vila.

 

 O estilo, no seu conxunto, é de difícil definición, por canto se trata dunha amálgama de moi diversas formas arquitectónicas e escultóricas. No entanto, o historiador carballiñés Felipe Senén Gómez, erudito da obra palaciana, que estudou profusamente neste caso, xeneralizando acerca da súa arquitectura relixiosa, di que “os seus templos son como unha suma teolóxica da arquitectura histórica de Galicia, en relación tamén coa arquitectura do Camiño de Santiago, coa arquitectura inglesa, o atlantismo e, cos modelos e admiración de Palacios á Escola Vienesa”. Así, obsérvanse influencias e  trazos de todas estas formas de construción: pazos, mosteiros (Oseira, Melón), catedrais, igrexas, castelos…A simboloxía está presente en cada un dos elementos do templo e, no seu conxunto, a Veracruz é todo un símbolo expresionista da época.
  • Comezo
  • O Concello
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos