Un avogado experto en dereito bancario e financiero, Juan José Pérez Barreira, ofrecerá unha charla o próximo luns, 10 de xullo, ás 20,30 h., no salón de sesións do concello, sobre os problemas acaecidos coas accións do Banco Popular.
Habida conta da preocupación existente entre a clientela desta entidade, e da situación de indefensión de moitas persoas afectadas, dende a área de economía do concello tomouse en consideración a organización desta charla, co obxectivo de ampliar a información para os veciños e veciñas interesados.