Unha montaña rusa de última xeración será a gran novidade das atraccións de feira durante as festas patronais do Carballiño, que se celebrarán do 14 ao 19 de setembro. A noticia foi anunciada esta mañá polos concelleiros de Turismo e Cultura, Manolo Dacal e Diego Fernández, conjuntamente con dous membros da comisión de festas, durante a presentación do Libro/Programa de man das festas, que xa está na rúa.
Ambos aseguraron que se trata dunha atracción espectacular para todos os públicos, que é a primeira vez que acude á provincia de Ourense, e que de feito virá directamente da Semana Grande de Bilbao, que é a fsta máis popular do País Vasco.
Tamén dixeron que “esta atracción necesita moito espazo (40 x 20 metros, e unha altura de 15 metros), e que se ubicará na parte superior da Praza da Veracruz (anfiteatro), que é o único lugar do Carballiño onde ten cabida. Por iso replantexamos a situación doutras atraccións e dalgúns concertos e actividades que estaban previstos inicialmente nesta praza”.
Ao carón desta montaña rusa irán outras grandes atraccións, como a Barca Pirata e o Saltamontes, entre outras, conformando un novo espazo de atraccións de feira e algún postos máis.
Según dixeron os concelleiros, “cremos que as atraccións son unha parte moi importante das festas patronais do Carballiño e quixemos darlle un aire novo. Por iso imos repartir as atraccións entre a Alameda, a Praza do Emigrante, a Praza Irmáns Prieto, Xullo R. Soto, Conde Vallellano e a Praza da Veracruz. E por iso logramos traer esta montaña rusa que será a gran novidade destas festas e que vai atraer a moita xente da comarca e da provincia”.
“Evidentemente –aseguraron os concelleiros-, temos os informes pertinentes de Policía Local, dos Bombeiros e de Protección Civil para garantir calquera emerxencia”. Dixeron tamén que “este ano subscribimos un contrato cunha enxeñería para verificar que estas atraccións cumplan con todas as medidas de seguridade. Esto nunca se fixo”.
FOGOS E CONCERTOS
Pero non foi esta a única novidade que anunciaron Manolo Dacal e Diego Fernández, senón que tamén se referiron ao cambio de ubicación da sesión de pirotécnia da noite do sábado 16 de setembro.
Así, dixeron que “xa non se trata só de que non temos espacios axeitados no Carballiño para ubicar grandes atraccións, senón que os estoupidos dos morteiros podían acabar creando problemas de afectación ao noso monumento máis emblemático como é o templo da Vera Cruz, sobre todo á torre. E por iso estudiamos unha nova ubicación para botar os fuegos. Naturalmente, pedimos informes da Policía Local, dos Bombeiros e de Protección Civil, e por iso acordamos que o mellor lugar para botalos é a explanada da entrada do parque municipal, xunto á estatua dos Irmás Prieto, pois conta con todos os informes favorables de seguridade e está a cinco minutos do centro do pobo. É un espazo amplo, sen edificios altos arredor e hai moito lugar para que a xente poida velos con comodidade e sobre todo con seguridade. E incluso hai moito aparcamento na Avenida do Parque para quen se desplace dende fóra en coche”.
Por outra parte, os concelleiros cren que “con estes cambios se consigue que a xente se mova do norte ao sur da vila, dende a Veracruz ao Parque, pasando pola Praza do Emigrante, pola Alameda, pola Praza Mayor, pola Praza Emilia Pardo Bazán e ainda que sexa só unha noite, ata a entrada do Parque”.
“Así pois -dixeron-, recuperamos espazos que apenas se utilizaban hai tempo, como é a Praza de Emilia Pardo Bazán, onde serán os concertos das bandas e do Orfeón, e haberá un Tributo á música dos 80. E aproveitamos mellor a Praza da Veracruz, con atraccións, postos de feira, o Festival dos grupos de pop e rock do Carballiño e a actuación da orquestra-espectáculo París de Noia. E teremos todos os días unha boa orquestra na Praza Maior. E polo tanto conseguimos extender a festa incorporando máis espacios para os espectáculos e as atraccións”.
As variacións con respecto ao programa inicial son as seguintes:
XOVES 14, ás 21 H.
Festival da Xuventude cos grupos locais e o Tributo a Los Suaves co grupo LOS MÁRTIRES DEL ROCK&ROLL.
Será na parte de abaixo da Praza da Veracruz.
SÁBADO, 16, ás 12 H.
Concerto da banda A Lira de Ribadaia e o Orfeón do Carballiño, na praza Emilia Pardo Bazán.
SÁBADO, 16, ás 00,00 H.
GRAN SESIÓN DE PIROTÉCNIA, na explanada da entrada do Parque, xunto á estatua dos Irmáns Prieto.
DOMINGO 17, ás 13,30 H.
Concerto da banda de Vilatuxe na Praza de Emilia Pardo Bazán.
LUNS, 18, ás 12 H.
Concerto da Banda do Carballiño na Praza de Emilia Pardo Bazán.
Ás 19,30 Exhibición de Had-Kido e artes marciais na Praza Maior.
LIBRO-PROGRAMA
Finalmente, os concelleiros de Turismo e Cultura presentaron o Libro/Programa das Festas de San Cibrao 2017, que sae hoxe á rúa. Dstacaron primeiro a gran acollida do cartel das festas, obra do fotógrafo José Luis Diz, asegurando que “se agotou por completo, e incluso tivemos que facer unha tirada nova para satisfacer as peticións que estamos tendo”. Tamén resaltaron a colaboración dos establecementos anunciantes, “que quixeron entrar máis que nunca, e é unha mostra de que as nosas festas patronais comezan a coller o pulo que hai anos non tiña”-dixeron.
O libro ten un artigo de Felipe Senén, que xa se publicou CD “A Pulpeiriña do Arenteiro”, pero que se recuperou a demanda da súa publicación no libro por moitos colectivos que son citados por Senén, según dixeron.
Tamén hai un artigo do director de cine Ángel de la Cruz, Premio de Honra das Xociviga, e que ten tres Premios Goya, porque fala do festival de cine e fala do Carballiño, recuperando a memoria dun tempo xa esquecido pero que foi moi importante para a nosa vila. E un artigo do escritor e crítico de cine, Miguel Anxo Fernández, e unha colección de vellas fotografías do Carballiño e das súas xentes; outro de Camilo Caamaño sobre o balneario e o vello Carballiño e finalmente un de Eliseo Fuentes..
“Este libro-programa darase aos establecementos así como aos veciños e visitantes que colaboren coas festas, e cuxa colaboración voluntaria mínima sexa de 10 euros”, dixeron os concelleiros que, finalmente, fixeron un chamamamento á colaborción dos negocios e dos veciños para poder manter as festas e conseguir que volvan a ser as grandes festas que sempre foron.