Unha mostra da Escola Municipal de Teatro, que terá lugar o próximo xoves, 4 de maio, ás 20,30 h., no auditorio, abrirá un amplo e intenso programa cultural que se desenvolverá durante o mes de maio.
Nesta mostra participarán os diversos grupos da Escola de Teatro, co seguinte programa:
GRUPO INFANTIL
A danza macabra
Exercicio escénico a partir da música de Camille Saint-Saëns.
Duración: 7 min
GRUPO PERFECCIONAMENTO
As máscaras do Guernica
Exposición en movemento das máscaras realizadas en plástica teatral a partir do Guernica de Picasso.
Duración: 10 min
GRUPO INICIACIÓN
A mirada do obxecto
Exercicio escénico de texto e composición escénica a partir da presenza e a palabra do obxecto.
Duración: 15 min
GRUPO PERFECCIONAMENTO
Entre paredes
Mostra de escenas de diversos autores europeos.
Duración: 60 min
Seis escenas que mostran a morea de historias e personaxes singulares que agochan as paredes de calquera vila ou cidade.
–Un pé xigante esmágaos a todos de Xavi Morató
–Hámster de Santiago Cortegoso
–Noemí no Salón de VV.AA
–O Binóculo de Manuel Lourenzo
–O velorio de VV.AA
–O espello de Lidia
Así mesmo, ese día, a partir das 18,00 h., na sala de exposicións do auditorio, exhibirase unha mostra de traballos do grupo de iniciación. Exponranse maquetas e unha instalación escénica feita polo alumnado de iniciación.