Unha delegación de periodistas de diversos medios de comunicación extranxeiros visitaron a vila carballñesa dentro dunha iniciativa para promocionar a Festa do Pulpo como Festa de Interese Turístico Internacional. Durante a súa estadía foron recibidos no concello, visitaron os principais monumentos como a Veracruz, os dous balnearios, o mosteiro de Oseira, a adega Pazo Tizón, e participaron nun xantar no parque, á que asistiu a directora de Promoción de Turismo da Xunta, Mª Carmen Pita; o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, e a responsable de Turgalicia, Gracia Senén, así como o acalde, os portavoces, concecelleiras e concelleiros da corporación.
VISITA DE PERIODISTAS EXTRANXEIROS AO CARBALLIÑO
