Este sábado 2 de decembro ás 10.30h no salón de plenos do Concello do Carballiño terá lugar unha xornada de emprendemento con Manuel García, agricultor ecoloxista e fundador de Labregos Daiquí, unha das primeiras cooperativas de agricultura ecolóxica de Galicia e unha das primeiras tendas online de producción ecolóxica. Compartirá conozco como fundou a súa cooperativa e os primeiros pasos para comezar a traballar na agricultura ecolóxica. Ademais contaranos os fundamentos da agroecoloxía, beneficios e oportunidades.
Ao remate os participantes recibirán un usb con material sobre a charla e o eido da ecoloxia.
Esta actividade está promovida pola concellería de Educación, Cultura e Xuventude, e enmárcase dentro dos actos do programa de Nadal.