O xornal La Región trae un foro ao Carballiño o próximo luns, 9 de marzo, no que o protagonista será toda una eminencia nacional e internacional no campo do urbanismo, como é José Fariña Tojo, que é fillo de Xosé Fariña Jamardo, antigo secretario do concello do Carballiño.
Josá Fariña é Profesor Emérito da Universidade Politécnica de Madrid e catedrático de Urbanismo e Ordenación do Territorio. Ten realizado numerosos plans de urbanismo e de protección do patrimonio histórico, do medio natural e da paisaxe, así como catálogos.
Así mesmo, ten realizado numerosas publicacións e presentado máis de 200 ponencias en Congresos Nacionais e Internacionais.
O Foro sobre “Planificar en tiempos de incertidumbre, ciudades sostenibles, seguras y saludables”, terá lugar o luns, 9 de marzo, ás 20,15 h., no auditorio municipal María María, e presentará ao conferenciante o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega.