O alcalde do Carballiño, Fancisco Fumega, anunciou hoxe que o concello vai habilitar unha partida orzamentaria de 1.000.000 € para axudar a reactivar a economía local tras da crise polo Covid-19, e que esta iniciativa será levada ao próximo pleno municipal.
Así mesmo, informou da aprobación da modificación do calendario fiscal do 2020, que supón prolongar a cobranza dos impostos ata final de ano, coa posibilidade de poder efectuarse en prazos de ata doce meses.
Mentres dure o confinamento, quedan suspendidos todos os prazos de pago.
Conxuntamente co concelleiro de Servizos Públicos, Seguridade e Persoal, Manuel Sotelo, o alcalde fixo balance do protocolo seguido no funcionamento do concello e doutras instalacións municipais, xunto coas medidas preventivas levadas a cabo na vila e no municipio para evitar a transmisión do Covid-19.
Aínda que, ao comezo do confinamento, o concello funcionou cun 60% de traballo presencial e un 40% de teletraballo, por mor da detección dun caso positivo, modificouse a un 10% de traballo presencial e o 90% de teletraballo.
Por departamentos, e en virtude das características de cada un, o traballo presencial leva a cabo fundamentalmente no Rexistro, Padrón, Medio, Medio Rural, Servizos Públicos e Policía Local. No resto dos departamentos, como Deportes, Obras e Urbanismo, Educación e Cultura, o teletraballo comezou sendo do 60% e agora é do 90%.
Con respecto ao persoal de obras, parques, limpeza e Servizos Sociais, están establecidas quendas de traballo rotatorios en días alternos.
Todo o persoal municipal dispón de EPIS para o traballo, e adquiríronse biombos para os departamentos de servizo ao público. Tamén se adquiriu unha nova máquina para desinfección, que está operativa, e un xerador de ozono, que chegará nestes días.
Entre compras, doazóns e doutras administracións, o concello recibiu un total de 7.450 máscaras, das que 5.000 foron adquiridas polo concello. As restantes proveñen de: Xunta de Galicia (1.250), Josuma (200), empresario chinés (350), Subdelegación do Goberno (1.050 -1.000 para a Policía Local-), Mercería A Moderna (400), Cortinas López (100), costurera anónima (50) e Abanca (50).
Recibíronse 2.300 unidades de luvas, 2.000 da Xunta de Galicia e 300 adquiridas polo concello. Así mesmo, a Xunta de Galicia fixo entrega de xel, batas e monos. Tamén hai que destacar a doazón de máscaras de protección por Motoserras Ucha e dunha empresa de Silleda. A empresa Gasolineira AVIA tamén achegou xel, luvas e lixivia.
COLABORACIÓN COS CENTROS EDUCATIVOS
Con respecto ao servizo de colaboración cos centros educativos a través das direccións dos colexios, levan realizado no concello ata o día de hoxe 3.500 fotocopias de traballos escolares para o alumnado, e levan realizado 300 reparticións de libros e material escolar aos domicilios dos alumnos a alumnas.
PROTECCIÓN CIVIL
A través de Protección Civil, préstase o servizo a domicilio de farmacia e compra de alimentos ás persoas maiores que viven soas.
MÁSCARAS
Máis de 2.000 máscaras están a ser enviadas aos domicilios das persoas maiores de 80 anos.
MODIFICACIÓN DO CALENDARIO FISCAL
ANUNCIO
Mediante Resolución de Alcaldía 2020-0439 do 21/04/2020, e da súa corrección de erro, como consecuencia do estado de alarma e a crise debida á pandemia polo Coronavirus, aprobouse a modificación no Calendario Fiscal e especificacións na xestión e cobranza de tributos e prezos púbicos correspondentes ao exercicio 2020:
PRIMEIRO. ESTABLECER o CALENDARIO FISCAL para os seguintes tributos e prezos públicos para o 2020: a)Taxa sobre recollida domiciliaria de lixo e residuos sólidos urbanos, 1º semestre do exercicio 2020 (1º SEMESTRE-TAXA LIXO); Taxa de vaos e reservas da vía pública para aparcamento exclusivo, carga e descarga de mercadorías de calquera clase e outras actividades en interese particular do exercicio 2020 (TAXA ENTRADA DE CARRUAXE, VAOS E RESERVAS DE ESPAZO); e Taxa de caixeiros automáticos do exercicio 2020:
– desde o día 08/05/2020 ao 31/08/2020
– último día para domiciliar:15/05/2020
– cargo dos recibos domiciliados:06/07/2020
b)Imposto sobre bens inmobles de natureza urbana e rústica do exercicio 2020 (IBI); Imposto sobre actividades económicas do exercicio 2020 ( IAAEE); Taxa sobre recollida domiciliaria de lixo e residuos sólidos urbanos, 2º semestre do exercicio 2020 (2º SEMESTRE-TAXA LIXO):
– desde o día 15/09/2020 ao 30/12/2020
– último día para domiciliar:01/10/2020
– cargo dos recibos domiciliados:05/11/2020
c)Prezo público de axuda no fogar do exercicio 2020 (PP AXUDA DOMICILIO):
-mes MARZO DO 2020:do 15/03/2020 ao 30/04/2020
-mes ABRIL DO 2020:do 16/05/2020 ao 31/05/2020
-mes MAIO DO 2020:do 16/06/2020 ao 31/06/2020
-mes XUÑO DO 2020:do 16/07/2020 ao 31/07/2020
-mes JULIO DO 2020:do 16/08/2020 ao 31/08/2020
-mes AGOSTO DO 2020:do 16/09/2020 ao 30/09/2020
-mes SETEMBRO DO 2020:do 16/10/2020 ao 31/10/2020
-mes OUTUBRO DO 2020:do 16/11/2020 ao 30/11/2020
-mes NOVEMBRO DO 2020:do 16/12/2020 ao 31/12/2020
-mes DECEMBRO DO 2020:do 16-01-2021 ao 31-01-2021
d)Prezo público nas escolas de artes escénicas e musicais do exercicio 2020 (PP BAILE E TEATRO):
-mes MARZO DO 2020 (polo tempo que se prestou o servizo):do 01/05/2020 ao 30/08/2020.
e)Prezo público do bo Día Familia exercicio 2020 (PP BO DÍA FAMILIA), QUINCENAL E MENSUAL:
-mes MARZO DO 2020 (polo tempo que se prestou o servizo):do 01/05/2020 ao 30/08/2020.
SEGUNDO. Mantense o anuncio de cobranza establecida na Resolución de alcaldía número 2020-0020 do 09/01/2019, coas seguindo as seguintes peculiaridades:
1)Posto que a oficina de recadación permanecerá pechada polo período que se establece na declaración do Estado de Alarma. Para calquera xestión (solicitude de recibos, información dos padróns, etc) que os administrados queiran facer deberana realizar:
i)Telefonicamente, sendo os teléfonos de contacto coa empresa colaboradora coa Recadación ( CATOURE SL) os seguintes: 988274957
988226214
988254054
ii)Mediante correo electrónico, sendo os emails de contacto coa empresa colaboradora coa Recadación ( CATOURE SL) os seguintes:
-Xestión de informes para recursos e consultas sobre tramitación de expedientes:saramv@catoure.com
-Confección de padróns e liquidacións de ingreso directo, procesos bancarios, liquidación mensual e operatoria de recadación:alberto@catoure.com
-Control de liquidacións, informes económicos e recadatorios:administracion@catoure.com
-Control de expedientes catastrais e tramitación dos mesmos:alba@catoure.com
2)O pago farase mediante unha das seguintes modalidades:
i)Nos caixeiros automáticos das Entidades Colaboradoras: ABANCA Corporación Bancaria SA, BBVA, CAIXA RURAL GALEGA SCL GALEGA.
ii)Por transferencia bancaria, realizarase o ingreso nunha das seguintes contas restrinxidas de recadación: ABANCA Corporación Bancaria SA:ES4920805175303110003520
BBVA:ES7701826221630711500148
CAIXA RURAL GALEGA SCL GALEGA:ES6830709497616206289420
De elixir esta opción, deberán especificar suxeito pasivo dos recibos e número destes.
No Carballiño, o alcalde-presidente, Francisco José Fumega Piñeiro.