logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90
  • Áreas de goberno
    • Saúdo do alcalde
    • Organización municipal
      • Alcaldía
      • Tenencias da alcaldía
      • Órganos colexiados
        • Xunta de Goberno Local (XGL)
        • O Pleno
      • Áreas de goberno
      • Grupos Políticos
    • Transparencia
    • Normativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
✕
A partir do luns, 1 de xuño, ábrese o punto limpo para poder depositar os residuos voluminosos
29 Maio, 2020
Final das clases do curso 2019/20 no conservatorio e escola de música, e prazos de matrícula para o próximo curso
2 Xuño, 2020

O Carballiño dedica a próxima festa do polbo ao persoal de sanidade e emerxencias que estivo na primeira linea da loita contra o covid-19

30 Maio, 2020
Categorías
  • Concello
Etiquetas
 

O Carballiño dedica a próxima festa do polbo ao persoal de sanidade e emerxencias que estivo na primeira linea da loita contra o covid-19



O Carballiño dedica a próxima  festa  do polbo ao persoal de sanidade e emerxencias que estivo na primeira  linea da loita contra o covid-19

O concello do Carballiño quere render unha homenaxe ao persoal de sanidade e emerxencias que estivo na primeira liña da loita contra o Covid-19, e por iso dedícalle a próxima Festa do Polbo.

Ademais destes colectivos, o concello quere recoñecer tamén o esforzo realizado polo persoal farmacéutico, forzas de seguridade estatal e autonómica, Exército, Policía Local, Protección Civil, Grumir, coidadores e coidadoras de residencias de maiores e de axuda no fogar, transportistas, empregadas e empregados dos supermercados e de todo o sector da alimentación e, en xeral, aos traballadores e traballadoras que estiveron nos seus postos de traballo durante o período de confinamento.

A 58 Festa do Polbo, que se celebra o domingo 9 de agosto, non terá o carácter de festa gastronómica multitudinaria como veu celebrando habitualmente, senón que nesta ocasión, por causa do coronavirus, será unha festa moito máis reducida, na que se tomarán todas as medidas establecidas para evitar posibles contagios por Covid-19, e que estará a expensas da evolución da pandemia durante os meses de xuño e xullo.

Na medida do posible, tentarase manter na semana do 1 ao 9 de agosto un programa de actos de pequeno e mediano formato, que terán lugar nas prazas do Carballiño respectando a normativa establecida para eventos culturais ao aire libre.

E o domingo 9 de agosto, o propio día da festa, no que o gran protagonista é o polbo á feira, así como os pulpeiros e as pulpeiras, establecerase un sistema que permita poder celebrar a festa entre o parque municipal e os establecementos hostaleiros do centro urbano, evitando posibles aglomeracións e respectando sempre as normas de separación e de prevención establecidas polas autoridades para garantir a máxima seguridade #ante calquera risco de contaxio.

En todo caso, o formato da festa será establecido nas próximas semanas, unha vez que se comprobe a evolución e o control da pandemia, e coñézanse polo miúdo as normas marcadas para os eventos culturais, festivos e gastronómicos, como é o caso da Festa do Polbo do Carballiño.


Share

Entradas relacionadas

2 Decembro, 2025

Emprego público: Técnico medio deportes. Acta 5


Saber máis
19 Novembro, 2025

Emprego público: Técnico medio deportes. Acta 4


Saber máis
13 Novembro, 2025

Emprego público: Técnico medio deportes. Acta 3


Saber máis

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD
  • Non hai tradución dispoñible para esta páxina