logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90
  • Áreas de goberno
    • Saúdo do alcalde
    • Organización municipal
      • Alcaldía
      • Tenencias da alcaldía
      • Órganos colexiados
        • Xunta de Goberno Local (XGL)
        • O Pleno
      • Áreas de goberno
      • Grupos Políticos
    • Transparencia
    • Normativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Chatbot
  • Subvención PERTE da auga
✕
A mesa de coordinación para a mellora da atención ás vítimas de violencia de xénero reuniuse este mediodía no concello
5 Xuño, 2020
Este mércores, 10 de xuño, ábrese o prazo para solicitar permiso de acceso ao barrio de flores en vehículo
9 Xuño, 2020

A praza de abastos celebrou hoxe o sorteo aprazado en marzo polo día do pai

5 Xuño, 2020
Categorías
  • Concello
Etiquetas
 

A praza de abastos celebrou hoxe o sorteo aprazado en marzo polo día do pai



A praza de abastos celebrou hoxe o sorteo aprazado en marzo polo día do pai

Sete obsequios foron sorteados hoxe na Praza de Abastos, correspondentes á campaña polo Día do Pai, que fora aprazado no mes de marzo debido ao confinamento pola pandemia do coronavirus.

O acto contou coa asistencia da concelleira de Comercio, Silvia Varanda; o presidente da asociación de placeiros, Eligio González, e a representante da adega Pazo Tizón, Raquel Cobo.

As sete persoas agasalladas foron:

Arturo González Alarcón e Manuel Lorenzo (unha pulseira deportiva cada un); Mariña (unha máquina afeitadora); Cristina Rodríguez Pérez (unha radio vintage); Susa Campos (un altofalante bluetooth); Josefa Pérez Fernández (unha tablet de 7” 8 Gb), e Antonio Colmenero (unha caixa de viño Pazo Tizón).

Os premios foron escollidos ao azar entre o case oito mil papeletas que a clientela meteu nas urnas durante o período da campaña de promoción polo Día do Pai.

Silvia Varanda felicitou ás persoas premiadas e animou aos carballiñeses a seguir comprando na praza de abastos e no comercio local, nun momento en que o precisan máis que nunca.

Eligio González destacou a elevada participación na campaña, felicitou ás persoas agraciadas con estes sete premios, e fixo un chamamento para seguir apoiando ao comercio local, á hostalería e á praza de abastos, xa que son quen lle dá a vida ao pobo, segundo dixo.

Share

Entradas relacionadas

20 Agosto, 2026

Feira do Stock días 21, 22 e 23 de agosto 2026


Saber máis
18 Agosto, 2026

Bando de limitacións e usos responsables da auga


Saber máis
8 Xullo, 2026

Bando sobre uso responsable do Parque Municipal


Saber máis
LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD