logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90
  • Áreas de goberno
    • Saúdo do alcalde
    • Organización municipal
      • Alcaldía
      • Tenencias da alcaldía
      • Órganos colexiados
        • Xunta de Goberno Local (XGL)
        • O Pleno
      • Áreas de goberno
      • Grupos Políticos
    • Transparencia
    • Normativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
✕
O Cine Club retomará en setembro as proxeccións habituais, e en xullo programará o ciclo flores de cinema
12 Xuño, 2020
Pleno ordinario da corporación este mércores, 17 de xuño
15 Xuño, 2020

Os parques infantís abriranse cando se poida garantir o cumprimento das condicións sanitarias para o seu uso de forma segura

15 Xuño, 2020
Categorías
  • Concello
Etiquetas
 

Os parques infantís abriranse cando se poida garantir o cumprimento das condicións sanitarias para o seu uso de forma segura



Os parques infantís abriranse cando se poida garantir o cumprimento das condicións sanitarias para o seu uso de forma segura

Ante a publicación no DOG do sábado pasado dalgunhas das condicións sanitarias para a apertura dos parques infantís, o concello do Carballiño informa que os abrirá cando se poidan garantir estas condicións sanitarias, e tendo sempre en conta a preponderancia da normativa relativa ao aforo, desinfección e dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida, sobre calquera outra consideración que puidese poñer en perigo a seguridade dos nenos e nenas e das súas familias fronte ao coronavirus.

Así, o concello anuncia que a apertura se realizará unha vez que se poidan asumir todas as esixencias especificadas para este tipo de instalacións, pois é preciso delimitar e controlar o aforo permitido (unha persoa por cada catro metros cadrados de espazo), así como desinfectar cada día (unha desinfección diaria dos xogos e o espazo) e contar con dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida (ou dunha solución jabonosa no caso de espazos para menores de dous anos de idade).

Todo isto supón, ademais dun problema de organización, uno custo importante, que é preciso valorar e contratar, pois non pode ser asumido directamente por persoal do concello, nin se pode levar a cabo dun día para outro, e hai que facelo cumprindo estritamente os procedementos de contratación das administracións públicas, como é o caso dun concello.

En todo caso, o concello traballa na avaliación destas medidas co obxectivo de que se poidan abrir os parques infantís cando haxa a seguridade do seu cumprimento.

Share

Entradas relacionadas

6 Xuño, 2025

CMUS – Información sobre as probas de acceso


Saber máis
29 Maio, 2025

Anótate ó CMUS / ESMU 2025-2026


Saber máis
24 Abril, 2025

Divertiño 2025 – prazo de inscrición


Saber máis

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD