logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90
  • Áreas de goberno
    • Saúdo do alcalde
    • Organización municipal
      • Alcaldía
      • Tenencias da alcaldía
      • Órganos colexiados
        • Xunta de Goberno Local (XGL)
        • O Pleno
      • Áreas de goberno
      • Grupos Políticos
    • Transparencia
    • Normativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
✕
Modificado o proxecto de acondicionamento da rúa saleta, no barrio solana, para introducir melloras nos servizos propostas polos veciños
1 Xullo, 2020
Bolsa de emprego
2 Xullo, 2020

A Coral do casino presenta o cd “Abioxénese 79”, que culmina a conmenoración do 40 aniversario da entidade

2 Xullo, 2020
Categorías
  • Concello
Etiquetas
 

A Coral do casino presenta o cd “Abioxénese 79”, que culmina a conmenoración do 40 aniversario da entidade



A Coral do casino presenta o cd “Abioxénese 79”, que culmina a conmenoración do 40 aniversario da entidade

A Coral Polifónica do Casino do Carballiño cumpriu o pasado ano 2019 o 40 aniversario da súa creación, e por eso a comezos deste ano 2020 gravou un CD co título de “ABIOXÉNESE 79”, como unha homenaxe ao orixe da entidade.

Este CD foi presentado hoxe no salón de plenos do concello nun acto ao que asistiron o alcalde, Francisco Fumega; o concelleiro de Cultura, Diego Fernández; o director da coral, Jaime García PIchel, e o presidente e vicepresidenta da entidade, José Luis Castro e Pilar Caballero, respectivamente.

O CD contén dez cancións, que resumen a actual etapa da coral, en base a un repertorio de música galega, música clásica (barroca) e músicas do mundo. Así mesmo, inclúe un libriño de oito páxinas no que se conta a historia da coral e as colaboracións especiais na gravación do disco.

Entre estas colaboracións figuran unha sección da Banda de Música de Vilatuxe, a pianista Alba Raña e os percusionistas Sander Ulloa, Esteban Decabo, Luis García, José Luis Castro, Antonio González e Emilia Pérez.

Francisco Fumega felicitou á entidade polos corenta anos de historia e pola edición deste CD, e agradeceu o traballo que realizan, levando o nome do Carballiño por Galicia, España, Portugal e outros países, referíndose en especial ao presidente, vicepresidenta e ao seu director.

Jaime García Pichel relatou o proxecto desenvolvido pola coral o pasado ano 2019, co gallo do 40 aniversario, e que rematou coa gravación do CD “Bioxénese 79”, como unha mirada ao principio da vida da entidade Tamén destacou a Festa da Mimosa, o Festival Galaico-Portugués, o Nadal e varios concertos no rural.

O director da Coral do Casino asegurou que este CD é un reflexo fiel do que é a agrupación actualmente, que son felices co seu traballo e que queren perdurar o enorme legado cultural da entidade.

Pilar Caballero agradeceu a colaboración do concello e doutras entidades, que figuran na contraportada do CD, e referiuse ao director da coral como un dos baluartes que contribúen á unidade do grupo e que transmite uns valores moi positivos. Tamén se referiu ao gran número de actuacións que tiñan previstas para este ano pero que, por causa da pandemia, estanse retrasando e non se sabe cantas se poderán celebrar. Nesta tesitura tamén se atopa o Festival Galaico-Portugués.

Finalmente, destacou o traballo ímprobo que supuxo gravar o CD, así como os ensaios e a gravación dun vídeo difundido pola redes sociais durante o confinamento.

Diego Fernández tamén se referiu a este videoclip, dicindo que era digno de eloxio, e reitrou o xa dito polo alcalde, destacando a contribución da Coral do Casino á cultura no Carballiño, e que se plasmou co programa extraordinario desenvolvido o pasado ano e coa gravación deste CD.

Share

Entradas relacionadas

2 Decembro, 2025

Emprego público: Técnico medio deportes. Acta 5


Saber máis
19 Novembro, 2025

Emprego público: Técnico medio deportes. Acta 4


Saber máis
13 Novembro, 2025

Emprego público: Técnico medio deportes. Acta 3


Saber máis

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD