logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90
  • Áreas de goberno
    • Saúdo do alcalde
    • Organización municipal
      • Alcaldía
      • Tenencias da alcaldía
      • Órganos colexiados
        • Xunta de Goberno Local (XGL)
        • O Pleno
      • Áreas de goberno
      • Grupos Políticos
    • Transparencia
    • Normativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Chatbot
  • Subvención PERTE da auga
✕
A compañía “Mar Rojo Teatro” trae este sábado á explanada do parque municipal a representación da obra de títeres, actores e audiovisuais “Azul y la revolución de los colores”, dirixida ao público familiar e infantil a partir dos 5 anos
17 Xullo, 2020
O concello procederá a sancionar aos propietarios de parcelas que sobrepasaron o prazo de cumprimento da normativa de limpeza en prevención dos incendios forestais
20 Xullo, 2020

A oficina de turismo da alameda permanecerá aberta todos os días ata o mes de setembro

17 Xullo, 2020
Categorías
  • Concello
Etiquetas
 

A oficina de turismo da alameda permanecerá aberta todos os días ata o mes de setembro



A oficina de turismo da alameda permanecerá aberta todos os días ata o mes de setembro

A oficina municipal de turismo da Alameda comeza hoxe a tempada de verán e permanecerá aberta todos os días ata mediados do mes de setembro, e o fará en horario de mañá e tarde, agás os domingos e festivos nos que só abrirá pola mañá.

Estes horarios son os seguintes: de luns a venres, de 10,30 a 13,30 e de 17,00 a 20,00 h.; domingos e festivos, de 11,00 a 14,00 h.

Así mesmo, garántense as medidas de seguridade e prevención para turistas e traballadoras ante o covid 19.

A oficina, que será atendida por dúas mulleres técnicas de turismo, contratadas polo concello mediante un convenio coa Xunta de Galicia, conta cunha nova decoración ao exterior, exhibindo fotografías dos monumentos e lugares de maior interese da vila como son o parque municipal, o templo da Veracruz, o parque etnográfico do Arenteiro e os dous balnearios, entre outros.

A raíz da construcción do novo parque infantil, que precisou ampliar o espazo que ocupaba anteriormente, esta oficina tivo que desprazarse uns metros, e aproveitouse esta circunstancia para renovar a súa imaxe, que a partir de agora resulta máis consubstancial coa función que desempeña.

Share

Entradas relacionadas

20 Agosto, 2026

Feira do Stock días 21, 22 e 23 de agosto 2026


Saber máis
18 Agosto, 2026

Bando de limitacións e usos responsables da auga


Saber máis
8 Xullo, 2026

Bando sobre uso responsable do Parque Municipal


Saber máis
LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD