logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90
  • Áreas de goberno
    • Saúdo do alcalde
    • Organización municipal
      • Alcaldía
      • Tenencias da alcaldía
      • Órganos colexiados
        • Xunta de Goberno Local (XGL)
        • O Pleno
      • Áreas de goberno
      • Grupos Políticos
    • Transparencia
    • Normativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Chatbot
  • Subvención PERTE da auga
✕
A asociación galega de ambulantes e autónomos felicita ao concello pola súa implicación na adaptación da feira á nova normativa
2 Xullo, 2020
O concello cambia a celebración da festa do pulpo por unhas xornadas gastronómicas na vila entre o 3 e o 9 de agosto, co pulpo á feira como protagonista
8 Xullo, 2020

No día mundial do medio ambiente, dedicado á conservación da biodiversidade, o concello destaca o esforzo realizado no mantemento dos espazos naturais

5 Xullo, 2020
Categorías
  • Concello
Etiquetas
 

No dia do medio ambiente, dedicado á conservación da biodiversidade, o concello destaca o esforzo realizado no mantemento dos espazos naturais



No día mundial do medio ambiente, dedicado á conservación da biodiversidade, o concello destaca o esforzo realizado no mantemento dos espazos naturais

O Carballiño conta actualmente con case medio millón de metros cadrados de espazos verdes, sendo o parque municipal e as ribeiras do río Arenteiro as zonas con maior biodiversidade e de maior interese.

No Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebra este venres, 5 de xuño, e que nesta edición está dedicado á conservación da biodiversidade, o concello quere resaltar o esforzo que supón o mantemento dos espazos verdes.

En concreto, cabe destacar o parque municipal, de 32 hectáreas, que está a piques de cumprir o centenario da súa creación, e que é un dos parques máis sobresalientes de Galicia, pois conta cunhas 140 especies botánicas catalogadas ademais dunha importante colonia de aves e de especies piscícolas.

Hai especies de grande singularidade, como son dous grandes secuoyas ( Secuoia sempervirens), os Eucalyptus globulus da entrada, varias especies de cipreses impoñentes, un exemplar de Eucalytus ovata, probablemente o único en Galicia, túas xigantes e piñeiros de oregón, así como ginkgos, liquidámbar, carpes, arces, carballos americanos, chopos, tilos, castiñeiros ou bidueiros. E doutro lado, resaltan os carreiros do río Arenteiro, desde a Ponche de Veiga ata a Ponterriza, e mesmo ata Castro Cavadoso, pasando pola Piscifactoría e o Parque Etnográfico, cunha paisaxe característica de ribeira fluvial. Así como o roteiro do Camiño dos Arrieiros, con tramos á beira do río Carrás.

Trátase dun conxunto de zonas naturais, que requiren un esforzo notable de mantemento, e que lle outorgan ao Carballiño un lugar preferente na conservación de espazos naturais, e que poden gozarse durante calquera época de ano.

Share

Entradas relacionadas

20 Agosto, 2026

Feira do Stock días 21, 22 e 23 de agosto 2026


Saber máis
18 Agosto, 2026

Bando de limitacións e usos responsables da auga


Saber máis
8 Xullo, 2026

Bando sobre uso responsable do Parque Municipal


Saber máis
LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD
  • Non hai tradución dispoñible para esta páxina