logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90
  • Áreas de goberno
    • Saúdo do alcalde
    • Organización municipal
      • Alcaldía
      • Tenencias da alcaldía
      • Órganos colexiados
        • Xunta de Goberno Local (XGL)
        • O Pleno
      • Áreas de goberno
      • Grupos Políticos
    • Transparencia
    • Normativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
✕
O concello procederá a sancionar aos propietarios de parcelas que sobrepasaron o prazo de cumprimento da normativa de limpeza en prevención dos incendios forestais
20 Xullo, 2020
A produción galega “María Solinha” abre este xoves o Ciclo de Cine na rúa, no que se proxectarán catro películas na praza Maior con entrada libre e aforo limitado
21 Xullo, 2020

O programa integrado de emprego do concello do Carballiño retoma a súa formación presencial

20 Xullo, 2020
Categorías
  • Concello
Etiquetas
 

O programa integrado de emprego do concello do Carballiño retoma a súa formación presencial



O programa integrado de emprego do concello do Carballiño retoma a súa formación presencial

O Programa Integrado de Emprego do Concello do Carballiño retoma os seus plans formativos presenciais despois do parón do confinamento, no que se levou a cabo de forma pioneira un curso de Marketing Dixital de setenta horas, do itinerario de Servizos, de forman online e de gran éxito entre os usuarios asistentes.

Ata o momento impartíronse as formacións en Alfabetización Dixital Avanzada, Manipulador de alimentos, Carretilla Elevadora, Atención ao Cliente de forma presencial ata o mes de marzo de 2020.

Este é o cuarto ano que O Concello do Carballiño ten concedida a subvención desde Programas Integrados de Emprego da Xunta de Galicia, nos 3 anteriores conseguiuse o obxectivo de inserción laboral previsto (2016 con 60 persoas atendidas, e o 40% de inserción) (2017 con 85 persoas atendidas, e o 60% de inserción) (2018 con 100 persoas atendidas, e o 42% de inserción). A día de hoxe están 27 persoas traballando, e 15 deles constan como inseridos xa.

Os Programas Integrados de Emprego daXunta de Galicia son un gran incentivo para a zona, así como un aliciente para os desempregados que buscan de forma activa traballo no Concello do Carballiño. Deste xeito desde o vindeiro vinte de xullo e ata ou catro de agosto, levaranse a cabo de forma presencial na Casa da Cultura do Concello, a formación de Orientación Laboral, con oito cursos moi útiles á hora de ter unha entrevista de traballo, tales como “Obradoiros de Entrevistas”, “Habilidades Sociolaborais”, “Técnicas de coaching”, entre outros, ofrecidos aos cen usuarios, sempre en oferta de dobre horario de mañá e tarde para favorecer a conciliación familiar, e para garantir a asistencia das persoas que agora mesmo están a traballar e queren seguir formándose.

Na mesma liña está previsto comezar a formación de Atención Sociosanitaria ao longo do mes de agosto, e a formación industrial está en proceso de licitación, con oferta en formación de soldadura e caldeirería, para impartila na maior brevidade de tempo.

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Carballiño conta con tres itinerarios: Servizos, Sociosanitario e Industrial, e numerosas formacións transversais que son ofrecidas ao groso dos cen usuarios participantes. Os itinerarios escollidos así coma as formacións ofrecidas responden ó solicitado pola poboación, os usuarios e tamén ás necesidades de sectores con arraigamento na comarca e O Concello.

Actualmente estase á espera da resolución por parte da Xunta de Galicia do quinto Programa Integrado de Emprego consecutivo para ou Concello do Carballiño.

Share

Entradas relacionadas

6 Xuño, 2025

CMUS – Información sobre as probas de acceso


Saber máis
29 Maio, 2025

Anótate ó CMUS / ESMU 2025-2026


Saber máis
24 Abril, 2025

Divertiño 2025 – prazo de inscrición


Saber máis

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD