

As Xornadas Gastronómicas do Pulpo, que se celebrarán do 3 ao 9 de agosto, contarán coa participación de trinta e nove locais hostaleiros, dos cales vintecatro ofrecerán pulpo durante toda a semana, e quince máis o farán o sábado e o domingo, días 8 e 9. Así mesmo, o domingo 9 haberá uns vinte postos de venda de pulpo nas rúas e prazas da vila.
Este evento foi presentado hoxe, xunto co cartel, polos concelleiros de Turismo e Cultura, Manuel Dacal e Diego Fernández, respectivamente.
Manuel Dacal dixo que o obxectivo era ofrecer a posibilidade de degustar o plato máis característico da gastronomía carballiñesa, como é o pulpo á feira, dun xeito totalmente seguro tanto para os visitantes como para os veciños, e por eso non ía haber ningún tipo de acto oficial nin concentracións de xente, senón que se trata de dinamizar o comercio e a hostalería local con todas as garantías de cumprimento da normativa polo covid 19.
Así, recoméndase reservar calquera día da semana nalgún dos establecementos hostaleiros que participan nestas xornadas, para xantar e disfrutar dun tempo de lecer no Carballiño.
Manuel Dacal destacou a calidade do cartel deseñado pola carballiñesa Ari Quintas, que xa realizou os carteis da Festa do Pulpo dos dous últimos anos, e que plasma con moita beleza plástica o verdadeiro significado desta tradición e celebración gastronómica do Carballiño. Por isto, expresou o seu agradecemento.
E tamén agradeceu a colaboración das entidades e empresas patrocinadoras, como o Inorde e a Deputación Provincial de Ourense, a Xunta de Galicia, Abanca, Gadis, Aceites Abril, Estrella de Galicia, Adega Pazo Tizón, Destilería Paniagua, Cer&Ber, Aparthotel Arenteiro e Aquanatura.
Diego Fernández referiuse ao programa cultural que antecede ás xornadas gastronómicas, e que se desenvolverá durante esta fin de semana, con actividades infantís e familiares e para todo tipo de público, que terán lugar no anfiteatro da Veracruz e na Praza Maior.
Así, destacou o xoves, 30, a proxección da película de animación La Gallina Turuleca, e o xoves 6 de agosto a película Los Miserables; o venres, 31, o espectáculo infantil Voa, voa, e o festival de música folk con dous concertos de Caldo e Isidro Vidal; o sábado, 1 de agosto, actuación do pallaso Peter Punk e do Mago Teto; e o domingo, Os monicreques do Kukas e o concerto infantil de Xoán Curiel.
Diego Fernández destacou o bo comportamento do público nos actos culturais que se teñen celebrado ata agora, e expresou o seu desexo de que se poda continuar na mesma línea, dinamizando a vida cultural do Carballiño cumprindo a normativa de separación e seguridade polo coronavirus.
Do 3 ao 9 de agosto
| Restaurante | Teléfono |
|---|---|
| R.DERBY | 988 270 043 |
| R.ESCLAVO | 988 270 495 |
| R.LA CUBANA | 988 270 831 |
| PULPERA CARRAL | 988 603 995 |
| R.O PITUXO | 988 270 847 |
| R.A MAQUÍA | 988 272 211 |
| PULPERA O CARBALLIÑO | 988 273 841 |
| RESTAURANTE DO XOSE | 988 274 571 |
| MESON PAZO DE OUTEIRO | 988 616 724 |
| R. FUCHELA | 988 274 618 |
| LECER | 988 531 067 |
| PARRILLADA SAN ANDRES | 698 191 791 |
| ASADOR VERACRUZ | 988 611 896 |
| COMONACASA | 988 616 803 |
| PLAZA | 617 011 121 |
| PARRILADA OS AMIGOS | 629 858 358 |
| PATIO BAR ERNESTO | 609 817 591 |
| RIQUIRMO | 671 832 564 |
| MESON DA CASA | 629 874 296 |
| GAZPARA | 988 098 361 |
| BACCUS | 988 273 226 |
| O POTE | 988 270 043 |
| SOLDADO | 988 530 370 |
| O XARDIN | 676 393 300 |
| VENTURA PASTA Y PIZZA | 988 545 996 |
Do 8 ao 9 de agosto
| Restaurante | Teléfono |
|---|---|
| MESON O NOSO LAR | 602 928 392 |
| RORAIMA | 988 274 869 |
| SOLAINA | 627 522 694 |
| GAUCHO | 988 616 660 |
| ALAMOS | 988 272 821 |
| GELO | 687 294 201 |
| A COMARCA | 629 447 581 |
| DON PACO | 988 103 178 |
| OS PORTALES | 988 270 433 |
| LERIDA | 988 274 203 |
| A KLA-B | 988 043 598 |
| PARRILLADA CONDE | 988 274 329 |
| CACHO PIZZA | 988 274 300 |
| ESTATE QUIETO | 670 698 954 |
| ALECRIN | 988 270 538 |
| FASS | 988 27 0225 |
| LITTLE GALICIA | 670 825 090 |
| PEÑASCO | 988 270 046 |
| BODEGON O PAZO | 988 606 747 |
| A BODEGUILLA | 676 109 013 |
| ARRANCADEIRA | 666 455 461 |
| CASA CORNIN | 686 800 397 |