logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90
  • Áreas de goberno
    • Saúdo do alcalde
    • Organización municipal
      • Alcaldía
      • Tenencias da alcaldía
      • Órganos colexiados
        • Xunta de Goberno Local (XGL)
        • O Pleno
      • Áreas de goberno
      • Grupos Políticos
    • Transparencia
    • Normativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
✕
Proxeccións audiovisuais do IES Chamoso Lamas na Insua dos Poetas o 11 de agosto
7 Agosto, 2020
O concello informa da prohibición de realizar celebracións gastronómicas ou festivas no parque municipal así como en calquera espazo público do Carballiño esta fin de semana
7 Agosto, 2020

A planta de torres eólicas do Carballiño lidera xunto cunha de Brasil a producción do grupo Gri Towers a nivel mundial

7 Agosto, 2020
Categorías
  • Concello
Etiquetas
 

A planta de torres eólicas do Carballiño lidera xunto cunha de Brasil a producción do grupo Gri Towers a nivel mundial



A planta de torres eólicas do Carballiño lidera xunto cunha de Brasil a producción do grupo Gri Towers a nivel mundial

A planta de GRI Towers Galicia S.L., ubicada no parque empresarial do Carballiño, atópase nun momento álxido da súa produción anual. Xunto coa planta ubicada na cidade de Pernambuco, en Brasil, lidera a produción do grupo GRI Towers a nivel mundial.

Esta circunstancia enche de orgullo ao xerente da planta carballiñesa, Cándido González Mandado, que destaca o feito de que esta planta sexa a semente do enorme potencial do grupo, conformado por nove plantas instaladas en Brasil, Estados Unidos, Turquía, India, Sudáfrica, Arxentina e España.

Na actualidade, a planta conta cunha plantilla de arredor de 400 persoas, o que supón, como exemplo e en términos comparativos coa población, un peso na economía local carballiñesa superior ao do grupo PSA en Vigo, según afirma Cándido González, durante a visita realizada polo concelleiro de Emprego, Manuel Dacal.

Cándido González tamén destaca a importante incorporación de mulleres á plantilla nun sector tradicionalmente de homes. Neste sentido, expresa a súa satisfacción non só polos empregos directos, senon tamén pola repercusión indirecta desta actividade no tecido económico e social carballiñés.

A orixe do grupo sitúase no ano 2004 por iniciativa de Cándido González Lorenzo. GRI Towers créase coa adquisición de Ganamagoga en 2008, e convírtese así en subministrador na cadea de valor das enerxías renovables. Ese mesmo ano intégrase no grupo Gonvarri, e a partir do 2015, convírtese nun líder global, sendo unha compañía de referencia para os fabricantes de turbinas eólicas arredor do mundo.

Desde o ano 2012, Cándido González dirixe GRI Towers Galicia, que gañou máis dimensión ao incorporar no ano 2018 as seccións de corte e biselado. Así, na actualidade conta cunha superficie de 20.000 metros cadrados, máis outros 25.000 metros cadrados de campo-almacén alugados á comunidade de montes de Seoane.

GRI Towers Galicia produce unhas 8 torres eólicas por semana, o que supón unhas 400 torres cada ano, das 3.500 que produce o grupo a nivel mundial. O transporte de tramos é constante, sobre todo na primavera e o verán, que son as épocas de maior produción anual.

Cándido González amosoulle ao concelleiro a súa satisfacción por ser unha empresa comprometida coa sostibilidade medioambiental, a responsabilidade social corporativa e a imbricación no tecido económico e social do Carballiño, apoiando o deporte base e outros eventos deportivos, e emprendendo iniciativas medioambientais como a repoblación realizada hai uns anos nos arredores da antiga fábrica de papel da Lavandeira.

Manuel Dacal, que realizou esta visita para interesarse pola marcha da planta, dentro dun percorrido que efectúa polas empresas do parque empresarial e polígono industrial carballiñés, agradeceu a colaboración de GRI Towers Galicia coas iniciativas locais, sobre todo no ámbito deportivo, ademais da contribución á creación de emprego e ao desenvolvemento económico do Carballiño.

Finalmente, Cándido González referiuse ao futuro do sector das enerxías renovables, cuxo principal competidor é China, que cada vez fabrica con máis calidade, cumprindo prazos e tendo prezos máis baixos, pero que espera que se vaian igualando nos próximos anos, polo que se amosa optimista ao respecto.

Share

Entradas relacionadas

6 Xuño, 2025

CMUS – Información sobre as probas de acceso


Saber máis
29 Maio, 2025

Anótate ó CMUS / ESMU 2025-2026


Saber máis
24 Abril, 2025

Divertiño 2025 – prazo de inscrición


Saber máis

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD
  • Non hai tradución dispoñible para esta páxina