logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90
  • Áreas de goberno
    • Saúdo do alcalde
    • Organización municipal
      • Alcaldía
      • Tenencias da alcaldía
      • Órganos colexiados
        • Xunta de Goberno Local (XGL)
        • O Pleno
      • Áreas de goberno
      • Grupos Políticos
    • Transparencia
    • Normativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Chatbot
✕
O actor francés, fillo de carballineses, José García, asistirá este xoves á proxección na praza maior da película “Los Miserables”
5 Agosto, 2020
O centro de estudios Chamoso Lamas reabre este venres, 7 de agosto, a mostra de arte colectivo Ar(t)enteiro
6 Agosto, 2020

O concello adxudicará a explotación do Muiño das Lousas á empresa hostaleira O´Barazal

5 Agosto, 2020
Categorías
  • Concello
Etiquetas
 

O concello adxudicará a explotación do Muiño das Lousas á empresa hostaleira O´Barazal



O concello adxudicará a explotación do Muiño das Lousas á empresa hostaleira O´Barazal

Co único requisito da presentación dalgunha documentación, a requerimento do concello, a empresa hostaleira O´Barazal Restauración S.L. será a adxudicataria da explotación do bar-restaurante do Muíño das Lousas por un período de dez anos.

O procedemento cubriu os trámites de apertura das plicas administrativa e económica presentadas por esta empresa, que foi a única que optou á convocatoria, cumpríndose todos os requisitos establecidos.

Así, a empresa comprométese á apertura do establecemento durante once meses ao ano, superando o período mínimo de apertura previsto nos pliegos de licitación, que era de tres meses do verán, así como a oferta económica, que é o dobre da cantidade mínima establecida, que era de 404,88€ anuais, e a proposta é de 800€ ao ano.

A empresa tamén asume o acondicionamento do tellado así como da reforma e o equipamento necesarios para a súa apertura e explotación.

Unha vez que a empresa presente a documentación que lle vai ser requerida polo concello para ultimar o procedemento de adxudicación, efectuarase a mesma por un período de dez anos.

O Muíño das Lousas forma parte do conxunto do Parque Etnográfico do Arenteiro, formado por esta instalación hostaleira, os bungalows e o camping municipal, así como o Museo Etnográfico do Muíño do Anxo, ademáis de antiga fábrica de papel da Lavandeira, ainda en proceso de restauración. Trátase dun conxunto de gran interese turístico e etnográfico do Carballiño, e que coa posta en marcha deste bar-restaurante incrementará o seu interese.

O Muíño das Lousas dispón de 92 prazas, 42 no comedor, 32 na terraza e 20 no bar.

Share

Entradas relacionadas

8 Xullo, 2026

Bando sobre uso responsable do Parque Municipal


Saber máis
Parte da portada do bando de minibares da festa do pulpo 2026
12 Xuño, 2026

Bando sorteo dos postos de minibar no Parque Municipal na Festa do Pulpo


Saber máis
4 Maio, 2026

Divertiño 2026 – prazo de inscrición


Saber máis
LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD
  • Non hai tradución dispoñible para esta páxina