A obra Clausura do amor inaugura este tarde, ás 20,30 h., no auditorio municipal, o 31 Festival de Teatro. A función ten un custo de 5 euros. Ademais, haberá un pack especial para as catro funcións a un prezo reducido de 17 euros.
Tamén esta tarde, ás 18,30 h., na Casa da Cultura, comezan os monólogos, con Pedro Brandariz. O custo é de 3 euros, e o pack para os catro espectáculos, 10 euros.
O bono total, as catro funcións do Auditorio municipal, incluída a gala de premios, e os catro monólogos da Casa da Cultura, pode adquirirse tanto na web como na billeteira, por 25 euros.