Parabéns ao pianista carballiñés Oscar Paniagua González, que acadou o primeiro posto nas probas de acceso ao Conservatorio Superior de Música da Coruña, en interpretación-piano, e hoxe foi agasallado no concello, nun acto ao que asistiron o alcalde, Francisco Fumega; a concelleira de Educación, Guadalupe Sobrado; a directora do Conservatorio do Carballiño, Celia Cabo, e o profesor de piano Alfonso Medela.