Esta fin de semana témola chea de cine no Carballiño. Por un lado, o venres día 11 O Cine Club retoma as proxeccións habituais no auditorio Municipal Manuel María, en sesións de 20:00 e 22:30 horas, nesta ocasión con unha película española, Intemperie, o último filme de Benito Zambrano, protagonizado polo actor galego Luis Tosar.
E o sábado 12 e o domingo 13, ás 19:00 horas haberá unha programación especial, xa que se proxectan todas as curtas a concurso da sección oficial do Festival de Cans, que este ano ten unha versión expandida por toda Galicia grazas a un acordo de colaboración entre o festival e a FECIGA (Federación galega de cine clubs).