Esta semana, debido á celebración do FETEGA, o Cine Club cambia o día de proxección. Así as sesións serán o domingo día 27 de setembro, en horarios de 18:00 e 20:30 horas, coa proxección da película francesa Retrato de una mujer en llamas, de Celine Sciamma, unha das grandes películas desta tempada. Unha fermosísima historia de amor nominada a mellor película de fala non inglesa nos Globos de Ouro que conta cunha fotografía excelente que recibiu numerosos premios (César, Críticos de Los Ángeles y New York…). Os pases serán coma sempre no Auditorio Manuel María do Carballiño.