Estes venres día 18 de setembro o Cine Club Carballiño proxecta La hija de un ladrón, a primeira película de Belén Funes, un impactante debut trala cámara protagonizado por Eduard Fernández e a súa filla Greta Fernández, que fan de pai e filla no filme. Greta Fernández obtivo pola súa actuación a Concha de Plata á Mellor actriz no Festival de San Sebastián. Belen funes obtivo o Goya á Mellor dirección novel. Aclamada pola crítica e o público, é unha desas películas que un recorda por moito tempo. Os pases serán ás 20:00 e ás 22:30 horas no Auditorio Municipal Manuel María.