logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90
  • Áreas de goberno
    • Saúdo do alcalde
    • Organización municipal
      • Alcaldía
      • Tenencias da alcaldía
      • Órganos colexiados
        • Xunta de Goberno Local (XGL)
        • O Pleno
      • Áreas de goberno
      • Grupos Políticos
    • Transparencia
    • Normativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Chatbot
  • Subvención PERTE da auga
✕
Suspendidas as festas patronais de San Cibrao 2020 por causa da pandemia
31 Agosto, 2020
Comezan as probas de acceso e aptitude ao grao elemental do conservatorio
3 Setembro, 2020

O Grupo Dizmar constrúe na planta do Carballiño a estrutura metálica do novo hospital de pandemias da Comunidade de Madrid en Valdebebas

2 Setembro, 2020
Categorías
  • Concello
Etiquetas
 

O Grupo Dizmar constrúe na planta do Carballiño a estrutura metálica do novo hospital de pandemias da Comunidade de Madrid en Valdebebas



O Grupo Dizmar constrúe na planta do Carballiño a estrutura metálica do novo hospital de pandemias da Comunidade de Madrid en Valdebebas

A planta do Carballiño do Grupo Dizmar atópase nun período de plena actividade. Estes días saíron en transporte por estrada as dúas primeiras seccións para a ponte de Veldebebas, en Madrid, e traballa arreo na elaboración da estrutura metálica do novo hospital para epidemias da Comunidade de Madrid.

O centro sigue o modelo de Ifema e contará con tres pavillóns de 7.400 metros cadrados cada un. Está ubicado na Cidade da Xustiza, xunto a Ifema e o Aeroporto de Madrid-Baraxas Adolfo Suárez. A superficie total do novo hospital acadará casi os 40.000 metros cadrados organizados en tres pavillóns de 7.400 metros cadrados cada un, un centro loxístico/almacén central do Servizo Madrileño de Saúde (Sermas), de 7.900 metros cadrados; unha avenida peonil, un área administrativa polivalente, unha central de instalación, un memorial para as vítimas do Covid-19 e un monumento dedicado aos profesionais sanitarios.

Este centro, que disporá de máis dun millar de camas e 48 postos de UCI, está previsto que se conclúa este próximo outono, polo que a planta de Dizmar do Carballiño traballa intensamente na elaboración da súa estrutura metálica, que lle foi encargada pola Comunidade de Madrid.

(Foto: Primeiras seccións da ponte de Valdebebas, que xa saíron do Carballiño)

Share

Entradas relacionadas

20 Agosto, 2026

Feira do Stock días 21, 22 e 23 de agosto 2026


Saber máis
18 Agosto, 2026

Bando de limitacións e usos responsables da auga


Saber máis
8 Xullo, 2026

Bando sobre uso responsable do Parque Municipal


Saber máis
LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD
  • Non hai tradución dispoñible para esta páxina