De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/526317
Primeira. Obxecto e finalidade da convocatoria
Estas bases teñen por obxecto a regulación, tomando como marco legal a Ordenanza xeral reguladora das subvencións do Concello do Carballiño que se rexe ao mesmo tempo pola Lei xeral de subvencións 38/2003 do 17 de novembro e bases de execución do orzamento do Concello do Carballiño, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar, destinadas ás familias con menor poder adquisitivo do Concello do Carballiño que teñan nenos e nenas ao seu cargo, escolarizados en centros públicos ou concertados do Concello do Carballiño
Segunda. Beneficiarios/as
As familias con menor poder adquisitivo do Concello do Carballiño e nas que:
a.- Todos os membros da unidade de convivencia estean empadroados no Concello do Carballiño cunha antigüidade mínima de seis meses.
b.- Os/as solicitantes estean matriculados en educación infantil (3, 4 e 5 anos) nun centro educativo do Concello do Carballiño e que non sexan repetidores/as. No caso de cambiarse a un centro educativo doutro concello (despois de solicitar a axuda), non terá dereito a percibir a axuda.
c.- Non superen os 9.000 € de renda per cápita anual (9 000 euros por membro da unidade familiar). Cando se presente declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2019, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 432) e a base impoñible do aforro (recadro 460) e dividirase entre os membros da unidade de convivencia. De non se presentar a declaración, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.
Para os efectos destas bases, considérase que forman a unidade de convivencia: os cónxuxes, parellas de feito, os/as fillos/as maiores e menores de idade e os ascendentes de cónxuxes, titores legais que convivan no mesmo domicilio. Nos casos de separación ou divorcio considerarase o pai ou a nai que teña a custodia dos/das menores por sentenza xudicial. No caso de custodia compartida consideraranse a ambos os proxenitores.
Nos casos de violencia de xénero non se terán en conta os ingresos do agresor para determinar a renda per cápita familiar
.
Terceira: Crédito
O importe total asignado no orzamento municipal que se destina é de 9.000 euros, que se financiarán con cargo á aplicación orzamentaria 326.00/48001 consignada no orzamento municipal do 2020.
As axudas serán incompatibles con calquera outra axuda que puidese percibirse coa mesma finalidade doutras administracións públicas ou privada.
A contía máxima das axudas será a que se cita a continuación:
Primeiro e segundo curso de infantil (3 e 4 anos): 100 €
Terceiro curso de infantil (5 anos):120 €
Sexta. Presentación de solicitudes, prazo e documentación
1 As familias que desexen acollerse a esta orde deberán presentar a correspondente solicitude no modelo normalizado (que se lle facilitará no propio concello) no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do extracto da presente convocatoria no BOP, tras a comunicación efectuada para o efecto pola BDNS, no rexistro municipal do Concello do Carballiño ou de calquera outro xeito dos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público.