A xira polo 40 aniversario de Milladoiro chega este sábado, 28 de novembro, ao Carballiño, e concretamente, á Insua dos Poetas (A Esgueva-Madarnás), onde o grupo ofrecerá un concerto a partir das 17,00 h coa entrada totalmente gratuita ata completar o aforo, que é de 150 persoas.
Será unha actuación que terá lugar con todas as medias sanitarias vixentes, e que conta co patrocinio da Xunta de Galicia, e a colaboración da Deputación Provincial de Ourense e do Concello do Carballiño.
A mítica banda galega de música folk repasará neste concerto os temas que marcaron estas catro décadas de andaina e presentará o seu último disco “Atlantico”.
Con este concerto, a Fundacion Ínsua dos Poetas, que preside Luis González Tosar, completa unha serie de actuacións musicais que, malia á pandemia polo coronavirus, estase consolidando como un referente da cultura galega, apoiando este tipo de eventos. Así, este verán pasado contou coas actucións de Sés e Luar na Lubre.