logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90
  • Áreas de goberno
    • Saúdo do alcalde
    • Organización municipal
      • Alcaldía
      • Tenencias da alcaldía
      • Órganos colexiados
        • Xunta de Goberno Local (XGL)
        • O Pleno
      • Áreas de goberno
      • Grupos Políticos
    • Transparencia
    • Normativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Chatbot
✕
O cine club proxecta este venres e domingo a película “Uno para todos”
26 Novembro, 2020
Suspendida a taxa de terrazas e postos de pulpeiras ata finais do 2021
26 Novembro, 2020

Máis de 200 nenos e nenas inscribíronse en 24 horas na iniciativa do concello para poder conversar con Papá Noel e cos Reis Magos por videoconferencia.

26 Novembro, 2020
Categorías
  • Concello
Etiquetas
 

MÁIS DE 200 NENOS E NENAS INCRIBÍRONSE EN 24 HORAS NA INICIATIVA DO CONCELLO PARA PODER CONVERSAR CON PAPÁ NOEL E OS REIS MAGOS POR VIDEOCONFERENCIA



Máis de 200 nenos e nenas inscribíronse en 24 horas na iniciativa do concello para poder conversar con Papá Noel e cos Reis Magos por videoconferencia.

A iniciativa posta en marcha polo concello do Carballiño en colaboración coa empresa Hípica Celta para que nos nenos e nenas do municipio podan manter unha conversa por videoconferencia con Papá Noel e os Reis Magos está a ser un éxito, xa que en só 24 horas da apertura do prazo de inscrición, xa se apuntaron a este servizo máis de 200 nenos e nenas.

A previsión dos organizadores é que nesta experiencia poderán participar arredor dun millar de nenos e nenas.

Trátase dunha campaña na que se intenta suplir a imposibilidade de levar a cabo actos de carácter presencial durante o Nadal, pero que abre a alternativa de facelo por medios electrónicos.

Para participar hai que inscribirse na plataforma dixital www.nadal2020.es ou www.nadal2020.com ou ben chamar ao teléfono 641585245. A inscrición para Papá Noel será do 25 de novembro ata o 17 de decembro, e para os Reis Magos será do 25 ao 29 de decembro.

Neste senso, tamén se garante que aquelas familias que non dispoñan de conexión a internet ou de dispositivos electrónicos, podan participar igualmente a través de pantallas que lles serán facilitadas polos emisarios ou elfos de Papá Noel e os Reis Magos, respetándose todas as medidas de prevención sanitaria polo coronavirus.

A inscrición a través da plataforma ou por teléfono é moi sinxela e áxil, e os datos que se piden son para autorizar as videochamadas e cumprir coa lei de protección de datos.



Share

Entradas relacionadas

8 Xullo, 2026

Bando sobre uso responsable do Parque Municipal


Saber máis
Parte da portada do bando de minibares da festa do pulpo 2026
12 Xuño, 2026

Bando sorteo dos postos de minibar no Parque Municipal na Festa do Pulpo


Saber máis
4 Maio, 2026

Divertiño 2026 – prazo de inscrición


Saber máis

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD